Pestanas principais

O programa Amessán despídese do curso 2020-21 cunha xornada chea de actividades

Martes, 15 de xuño de 2021

O sábado 19 de xuño, no Parque Ameneiral de Bertamiráns, celebrarase a Festa de Final de Curso do Amessán. Durante a xornada, o/as alumno/as  mostrarán o aprendido nas clases de pandeireta, ximnasia , memoria e manualidades. O/as participantes recuperarán forzas nun xantar familiar campestre no que cada un poderá levar a súa comida ou reservar o xantar que se ofrece no recinto, por 2,5 euros. Ás 19.00 horas, pecharase o evento co concerto de Luís Rey. Ademais, haberá un servizo de autobús dispoñible para todas as parroquias. Para reservar prazas deberase chamar antes do mércores 16 de xuño aos números de teléfono 662 377 302 ou 683 327 378.

“Espreguiza corpo e mente” é o lema co que se presentou para este curso, 2020-2021, o programa “Amessán”, unha iniciativa conformada a base de obradoiros saudables no que poden participar persoas maiores de 60 anos e tamén as persoas con diversidade funcional que presenten un certificado médico que recomende a súa asistencias a algunha das aulas. A oferta deste curso inclúe cursos de decoración e restauración; estimulación cognitiva; ximnasia terapéutica; e música tradicional galega, pensados sobre todo para cuidar a saúde física e emocional dos maiores do concello.

Tras un ano de cambios nos modelos de ensino e de aforos reducidos, chegou o momento de celebrar a Festa de Final de Curso do programa Amessán. Durante o sábado 19 de xuño, os alumnos e alumnas, así como dos seus familiares e amigo/as, poderán desfrutar desta clausura festiva. A xornada, que se celebrará no Parque do Ameneiral de Bertamiráns, comezará  ás 12:00 horas dando a benvida aos participantes e familias.

Ás 12.30 horas actuará o grupo de pandereteiras Amessán. Entre ás 13.30 e 16.00 horas, realizarase un xantar campestre. Cadaquén levará o seu xantar (haberá mesas habilitadas para todos e todas por grupos reducidos). Ademais, porase a disposición de quen queira un xantar para mercar no recinto que inclúe tortillas caseiras e empanadas caseiras atún, polo, carne ou bacallau. Para encargar esta comida, deberase facer antes do mércores 16 de xuño. O prezo da ración é de 2,5 euros.

O grupo de pandereteiras será o encargado de comezar a sesión da tarde, ás 16.00 horas. Entre as 17.00 e as 19.00 horas, realizaranse as actividades por grupos de memoria e de ximnasia dirixida do programa Amessán.

A xornada pecharase ás 19:00 horas coa actuación musical de Luís Rey.  

Reserva servizo bus

Haberá dispoñible un servizo de autobús. Para reservar prazas deberase chamar antes do mércores 16 de xuño aos números de teléfono 662 377 302 ou 683 327 378. Deberase indicar o número de persoas e a parroquia de recollida (poden reservar participantes Amessán e as súas familias e amigos/as).

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Trescientos ‘veteranos’ en activo y por la vida sana despiden Amessán"

Amessán

Multimedia

  • Amessán