Pestanas principais

O programa "Volta ao cole co comercio" contou coa participación de máis de 2.500 persoas

Venres, 15 de setembro de 2023

A segunda edición de "Volta ao cole co comercio", unha iniciativa posta en marcha pola Concellaría de Promoción Económica de Ames, e que nesta ocasión contou tamén coa colaboración do departamento de Mocidade, logrou acadar un gran éxito nas súas catro xornadas. Arredor de 2.500 persoas achegáronse ao Milladoiro e a Bertamiráns para desfrutar das actividades para nenos e nenas e para a rapazada. As familias participantes entraron nos sorteos de vales e premios para o regreso ás aulas.

Arredor de 2.000 persoas participaron nas actividades e nos sorteos. A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, sinalou que “estamos moi satisfeitos coa participación da ‘Volta ao cole co comercio’ deste ano, que mostra que a proposta segue funcionando entre a veciñanza do concello e da contorna”. Paz finaliza resaltando que “a xente ven a Ames a consumir na hostalaría e o comercio local. Temos todo o necesario para o regreso ás aulas”.

Pola súa banda, a concelleira de Mocidade, Carmen Porto, explicou que “é fundamental facer posible que a mocidade desfrute dunha volta ao cole divertida e entretida. Esta proposta fai posible xornadas de diversión para toda a familia”.

O presidente de XEA, Jorge López, destacou que dende a Xuntaza de Empresarios “estamos gratamente sorprendidos pola gran cantidade de xente que acudiu a este evento. Énchenos de ledicia que os cativos desexaban máis os vales de comercio local que os premios físicos”. López finaliza destacando a gran participación e a boa organización por parte do Concello de Ames deste evento”.

A zona verde da travesía do Porto, no Milladoiro, e o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acolleron durante a primeira e a segunda semana de setembro diversas tardes de actividades para amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría dos dous principais núcleos de Ames. Foron as xornadas “Volta ao cole co comercio”, que organiza por segunda vez a Concellaría de Promoción Económica coa colaboración de XEA. Nesta ocasión participou tamén o departamento de Mocidade.

Os nenos e nenas de ata 11 anos gozaron de inchables, xogos do mundo, talleres de maquillaxe e tatuaxe... Pola súa banda, a mocidade de entre 12 e 17 anos contou con propostas como un toro mecánico, unha barredora, DJs e unha Holi Party. As propostas lúdicas estiveron acompañadas do sorteo de 200 premios, valorados en máis de 2.000 euros, e que incluíron agasallos de electrónica (auriculares, altavoces, USB...) e 40 vales de compra por valor de 10 euros. XEA colaborou tamén repartindo 30 vales por valor de 20 euros (en total, 600 euros).

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Calculan en 2.500 los participantes en una Volta ao cole de Ames que fomentó el ocio juvenil y el comercio"

La Voz de Galicia: "Las actividades de Volta ao cole co comercio en Ames atrajeron a 2.500 personas"

AMS GO!: "A Volta ao Cole co Comercio xuntou máis de 2.500 persoas"

Enfoques: "Éxito de participación en la segunda Volta ao cole co comercio de Ames"

O programa "Volta ao cole co comercio" contou coa participación de máis de 2.500 persoas

Multimedia

  • O programa "Volta ao cole co comercio" contou coa participación de máis de 2.500 persoas