- Tematica
Este domingo, 15 de decembro, péchase a XIV Mostra de Teatro Afeccionado de Ames coa obra “Criaturas”, do Grupo Municipal de Teatro de Ames. A peza, dirixida por María Ordóñez, é unha comedia ácida que nos fará plantexarnos quen é máis criatura, se Frankenstein ou a xente coa que se atopa Representarase, ás 19.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Está destinada a un público adulto e a entrada é de balde ata completar aforo.
“Criaturas” pechará a XIV Mostra de Teatro Afeccionado de Ames, organizada pola Concellaría de Cultura do Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña. A obra, representada polo Grupo Municipal de Teatro de Ames, é de Roberto Vidal, unha das últimas comedias que escribiu o autor.
Nela, utiliza o mito de Frankestein para colocalo no medio dunha cidade na que os seus habitantes non parecen ser menos monstruosos que este coñecido personaxe. Unha comedia ácida que nos fará preguntarnos se o mostro ideado por Mary Shelley é de verdade máis criatura que a xente coa que nos relacionamos a diario.
Dirixida por María Ordóñez, a obra será interpretada polas actrices e actores do grupo municipal de teatro de Ames. Desta maneira, conforman o elenco Pablo Núñez, Patricia López, Eva García, Antía Villarino, María Jesús Pena, Carlos Labraña, Emilia Mayo, Chiruca Tarrío, Noemí Graña, Paz Romai e Pilara Gómez.
Novas relacionadas:
Lindeiros: "O Grupo de Teatro de Ames pecha o ciclo de teatro Amador con Criaturas de Roberto Vidal Bolaño"