Pestanas principais

O Punto Limpo recibiu 7.429 visitas en 2021, recollendo máis de corenta toneladas de residuos electrónicos

Mércores, 02 de febreiro de 2022

O centro de depósito de residuos do Punto Limpo de Ames rexistrou 7.429 visitas ao longo do ano 2021. O mes de maior afluencia foi xullo, con 702 visitas, e precisamente o terceiro trimestre de 2021, entre xullo e setembro, foi o de maior actividade, rexistrando 2.063 entradas. Pola súa banda, a media mensual de persoas usuarias foi de 619. O servizo, localizado na rúa das Hedras do Milladoiro, recibiu 40.636 quilogramos de equipos eléctricos e electrónicos, tres toneladas ou 453 pneumáticos fóra de uso, 1.570 litros de aceites vexetais e de motor e 1.347 quilogramos de pintura.

A cifra de persoas que empregan o Punto Limpo continúa crecendo ano tras ano, debido a que a veciñanza amesá está cada vez máis concienciada da importancia de xestionar o seus refugallos, así como de non depositalos nos colectores convencionais de residuos.

Durante o 2021 realizáronse unhas 7.429 entradas no servizo, situado na rúa das Hedras, no Milladoiro. Concretamente, a veciñanza amesá depositou 40.636 quilogramos de equipos eléctricos e electrónicos, 3.181 quilogramos de pneumáticos fóra de uso (453 unidades), 703 quilogramos de baterías de chumbo (48 unidades), 144 quilogramos de pilas (arredor de 4800 unidades), 1.140 metros cúbicos de voluminosos, 60 metros cúbicos de roupa e 18 metros cúbicos de envases baleiros contaminados.

Ademais, rexistrouse a entrada de 845 unidades de tubos fluorescentes e outras lámpadas, 250 metros cúbicos de escombro, 330 metros cúbicos de plásticos, 320 metros cúbicos de metais, 1.347 quilogramos de pintura, 1.100 metros cúbicos de madeira, 105 metros cúbicos de papel e 344 unidades de aerosois. Cómpre engadir tamén os aceites, 1.064 litros de aceite vexetal e 506 litros de aceite de motor.

Campaña de concienciación

O Concello de Ames nos últimos anos puxo en marcha varias campañas de concienciación. Durante o pasado ano 2020 as Concellarías de Servizos Básicos e de Transición Ecolóxica realizaron a campaña “Non nos merecemos isto”. Trátase dunha campaña de sensibilización para concienciar á veciñanza sobre a importancia de depositar os voluminosos (mobles e aveños) no Punto Limpo. Esta iniciativa sumouse a outras campañas como “Cada cousa no seu sitio!” ou “ASÍ NON. Lévaos ao Punto Limpo #CoidaAmes” postas en marcha no anterior mandato.

O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do polígono Novo Milladoiro e ata alí poden achegarse toda a veciñanza de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel.

Horarios e teléfono de contacto do Punto Limpo

Este centro está aberto preto de 40 horas semanais en xornada de mañá e tarde entre luns e o sábado. Así, o Punto Limpo abre de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas. Os sábados o horario é de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88.

Os voluminosos deben entregarse no Punto Limpo. Outra opción é chamar aos números de teléfono 981 19 12 40 ou 639 10 76 38, para acordar unha data e un lugar, coa finalidade de depositalos xunto ao contedor máis próximo, para que posteriormente se realice a súa recollida.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Vecinos por la labor: crece la afluencia al punto limpio un 21,5 % en pandemia"

Compostela 24 Horas: "O Punto Limpo de Ames recibiu 7.429 visitas en 2021, recollendo máis de corenta toneladas de residuos electrónicos"

Enfoques: "El Punto Limpio de Ames recibió 7.429 visitas en 2021, recogiendo más de cuarenta toneladas de residuos electrónicos"

O Punto Limpo recibiu 7.429 visitas en 2021, recollendo máis de corenta toneladas de residuos electrónicos

Multimedia

  • O Punto Limpo recibiu 7.429 visitas en 2021, recollendo máis de corenta toneladas de residuos electrónicos