- Tematica
638 persoas achegáronse durante o mes de outubro ao Punto Limpo de Ames para depositar residuos. Destacan nesta ocasión o número de quilogramos de equipos eléctricos e electrónicos, os neumáticos fora de uso e os envases vacíos contaminados. Este servizo municipal, inaugurado en xaneiro de 2007, facilita á veciñanza amesá desfacerse daqueles obxectos e materiais que non se poden botar nos colectores convencionais.
3476 quilogramos de equipos eléctricos e electrónicos, 100 quilogramos de envases contaminados, 48 tubos fluorescentes e outras lámpadas, 265 quilos de neumáticos, 30 quilos de baterías de chumbo, 20 metros cadrados de escombro e outros tantos de plásticos e de metais, 86 litros de aceites vexetais e 46 de aceite de motor, 94 quilos de pinturas, 280 pilas, 6 metros cúbicos de roupa e 9 de papel, 12 aerosois, 90 metros cúbicos de voluminosos e outros tantos de madeira. Este é o volume, en peso e unidades, que os amesáns e as amesás entregaron no Punto Limpo de Ames no mes de outubro.
Horarios e teléfono de contacto
O Punto Limpo está aberto preto de 40 horas semanais en xornada de mañá e tarde entre luns e o sábado. Así, o Punto Limpo abre de luns a venres de 10:00 h a 14:00 horas e de 16:00 h a 18:00 horas. Os sábados o horario é de 9:00 h a 14:00 horas e de 16:00 h a 20:00 horas. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88.
Para a recollida de voluminosos e aveños a domicilio, a cidadanía que chamar ao número de teléfono 981 19 12 40.
O Centro de depósitos de residuos do Punto Limpo, situado na rúa das Hedras do Polígono Novo Milladoiro, está xestionado pola empresa Ubaser. Teñen dereito a usalo todos os veciños e as veciñas empadroadas en Ames que poderán a través deste servizo desfacerse daqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais, tanto sexan materiais orgánicos como restos de poda ou herba, materiais inorgánicos, vidro ou papel.
Novas relacionadas:
Compostela 24 horas: "O Punto Limpo rexistrou preto de 650 entradas durante o mes de outubro"