Pestanas principais

O sábado 20 de xuño está programado un Torneo Intercomarcal de Xadrez online patrocinado por Xogade

Luns, 15 de xuño de 2020

O próximo sábado, 20 de xuño, hai programado un Torneo Intercomarcal de Xadrez online en horario de 21.00 a 22.00 horas. Desenvolverase a través da plataforma Lichess e haberá trofeos para as categorías sub 8, sub 10 e sub 16. Ademais, tamén hai programadas clases de iniciación online gratuítas a través de Skype, o mércores 17, o xoves 18 e o venres 19 de xuño. Para inscricións ou consultar máis información, tes á túa disposición o número de teléfono 633 447 674 (preferentemente por whatsapp) ou no correo electrónico albertodiosqu@hotmail.es.

O confinamento provocado pola Covid-19 non foi un impedimento para que as/os amantes do xadrez sigan xogando, xa que se realizaron diversos torneos de xadrez online. Deste xeito, está programado Torneo Intercomarcal de Xadrez online o próximo sábado, 20 de xuño, en horario de 21.00 a 22.00 horas. Realizarase a través da plataforma online Lichess e haberá trofeos para o 1º, 2º e 3º posto das categorías sub 8, sub 10 e sub 16.

Ademais, están programadas clases de iniciación online gratuítas a través de Skype, destinadas a aquelas nenas e nenos que non saben nada de xadrez. Serán o mércores 17, o xoves 18 e o venres 19 de xuño.

Para inscricións ou consultar máis información sobre o torneo ou as clases de iniciación, tes á túa disposición o número de teléfono 633 447 674 (preferentemente por whatsapp) ou no correo electrónico albertodiosqu@hotmail.es.

Ao pé desta nova encontrarás un vídeo explicativo sobre como funciona a páxina web utilizada para o torneo de xadrez.

 

Novas relacionadas:

Lindeiros: "O concello de Ames e Xogade organizan un torneo de xadrez intercomarcal e online"

Torneo Intercomarcal de Xadrez online

Multimedia

  • Torneo Intercomarcal de Xadrez online
  • Embedded thumbnail for