- Tematica
Guilllermo Carracedo, xunto coa deportista canaria Iballa Ruano, veñen de proclamarse campión e campiona de España de Sup Olas 2021. A proba, que congregou a un importante número de deportistas e a moitos afeccionados, desenvolveuse na praia de San Lourenzo, en Xixón. O xurado valorou o feito de que o deportista tivese “un surfing rotundo e moi consistente en cada manga disputada” á hora de proclamalo.
Titulado en medicina pola Universidad de Santiago de Compostela, Carracedo é coñecido tanto a nivel nacional como internacional polos seus éxitos na modalidade de surf de remo. No ano 2019 proclamouse subcampión do mundo coa selección española e campión de España absoluto, título que revalidou no ano 2020.
A nivel individual, o veciño de Bugallido ostenta o 5º posto e a nivel mundial o 4º neste caso co equipo da selección española.
Para a concelleira de Deportes, Susana Señorís, “O éxito dos deportistas que como Guillermo Carracedo triunfan fora das nosas fronteiras é o éxito de todo o deporte amesán; sexa a disciplina deportiva que sexa, sempre é unha moi boa nova que un deportista do noso concello, acade tan bo resultado e leve o nome de Ames polo mundo adiante”.