Pestanas principais

O venres 13 de agosto a Casa da Cultura do Milladoiro acollerá ao virtuoso do violín amesán

Luns, 09 de agosto de 2021

Anxo Gómez,  mozo veciño de Ames, realizará un recital de piano o venres 13 de agosto, ás 20.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. No concerto estará acompañado ao piano por Simona Kantcheva Velikova. A entrada é de balde ata completar aforo. A Concellaría de Cultura colabora con este evento para dar apoio e difusión aos novos talentos do Concello de Ames deixando o espazo e facilitando a súa difusión.

Anxo Gómez Piñeiro, alumno do conservatorio histórico santiagués, é un prodixio do violín. Á súa corta idade, xa conta cun primeiro premio no Concurso Internacional de Instrumentos de Corda de Vigo sendo, xunto con outro compañeiro, os únicos nenos galegos que tomaron parte no certame organizado pola Asociación Galega de Instrumentos de Corta en colaboración co Concello de Vigo.

O veciño de Ames cursa primero do grado profesional na especialidade de violín, baixo as ordes de Yulia Petrushevskaya (integrante e primer violín da Real Filharmonía de Galicia).

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Un prodigio del violín"

El Correo Gallego: "O virtuosismo musical chega até Ames das mans de Anxo G. Piñeiro"

Concerto de violín

Multimedia

  • Concerto de violín