Pestanas principais

O xurado do Canta con Ames xa decidiu quen pasa a semifinais

Venres, 09 de xullo de 2021

O xurado, composto polos veciños/as de Ames Ángel Tames Andul, Inés Suárez Rey e María Eva Sebe García, reuniuse para decidir que participantes pasan a semifinais. Son 20 persoas, cada unha na súa categoría correspondente, que competirán o vindeiro 28 de xullo, ás 18.30 horas, na praza de Manuel Murguía, en plena celebración da festividade da Madalena.

As xornadas de preselección celebráronse no Milladoiro e en Bertamiráns, o 30 de xuño e o 3 de xullo respectivamente. As actuacións dos 26 candidatos xa se poden ver e escoitar na nosa canle de Youtube. Tras as dúas fases de preselección 20 persoas foron seleccionadas para competir nas semifinais do Canta con Ames.

Pasan á fase de semifinais:

   • Categoría infantil:
      
Adriana Vigo

Candela Caamaño

Carmen Cuevas

Dana Virginia

Claudia Santalla

Noa Carpentén

Anxo Villanueva
      
    • Categoría xuvenil:
      
Adriana Muñiz

Flavia Guitián

María Gigirey

Lara López

Lara Sestayo

Elena Mosquera

    • Categoría senior:

Paula Meda

Ainoha Conde

Montse Angueira

Noelia Bellas

Iria Gándara

Ruth González

Cristina Alonso

O mércores 28 de xullo cada cantante interpretará unha canción enteira, ou segmento, en galego, castelán ou inglés. De esta fase sairán 6 seleccionados, dous por categoría, que pasarán á fase final. As persoas que non pasen á final recibirán vales para gastar no comercio e na hostalaría local.

O xurado da fase semifinal e da final estará composto por 3 membros nomeados por resolución de alcaldía entre profesionais do mundo da música. Avaliará os seguintes criterios: harmonía, ritmo, afinación, dominio da escena e interpretación. Tendo en conta os criterios de avaliación, cada persoa do xurado, poderá outorgar a cada participante de 1 a 10 puntos por actuación.

O xurado da preselección
O xurado desta fase estivo composto por Ángel Tames Andul, Inés Suárez Rey e María Eva Sebe García, membros nomeados por resolución de alcaldía.
Ángel Tames, veciño de Pedregal, Ortoño, exerce como profesor de canto no conservatorio de música “Liramas” de Santiago de Compostela, dirixido polo importante músico e pedagogo Armando
Toledo. Actualmente Tames é cantante solista e executa desde o repertorio máis clásico ao máis moderno, pasando polo pasodobre e a canción mexicana. Tamén abarca música latina e rock, todo cunha perfecta diferenciación de estilos e a fonética inglesa.

Inés Suárez, veciña de Aguapesada, exerce como profesora de música nun colexio público de Galicia. Estudou Maxisterio musical en Santiago de Compostela xunto co grado profesional de guitarra no Cmus de Santiago. Actualmente canta no Grupo as As Maianas, formado no propio Concello de Ames, e dirixe os coros parroquiais de Ames e Piñeiro.

A terceira compoñente do xurado foi María Eva Sebe, veciña de Buceleiras, quen ten unha traxectoria de máis de 20 anos na música. Estudou Canto e Técnica vocal e ten experiencia en animación socio cultural e participación en varias agrupacións musicais. Actualmente forma parte do Dúo Músical Eva e Camilo .

A final
O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerá o 7 de agosto a final do concurso. Coincidirá coa celebración das festas da Peregrina. Os aspirantes interpretarán dous temas de diferente estilo musical. Todos os participantes da final levarán como premio un trofeo, unha cesta natural e un vídeo do seu paso polo concurso. Aos/ás semifinalistas de cada categoría outorgaráselles tamén un cheque de 30 euros para investir no comercio local. Os gañadores/as obterán un cheque de 100 euros, tamén canxeable no comercio local e a posibilidade de cantar nas prebadaladas de fin de ano.

Nesta fase final será onde os participantes poderán interpretar os temas enteiros, sempre que non superen os 4 minutos. Os gañadores daranse a coñecer o mesmo día da final.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Canta con Ames xa ten elixidos ós semifinalistas"

Revista AmesGO: "O xurado do Canta con Ames escolleu semifinalistas"

Xurado do Canta con Ames

Multimedia

  • Xurado do Canta con Ames
  • Xurado do Canta con Ames