- Tematica
Este venres, 16 de abril, volve o teatro infantil ao auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. O espectáculo de teatro infantil xestual "Redondo" representarase, da man da compañía Caramuxo Teatro, en dous pases, un ás 17.00 horas e outro ás 18.00 horas. Está dirixido a nenos e nenas de entre 6 meses e 3 anos de idade. O evento levarase a cabo en dous grupos de reducidos no escenario. Xa se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. A entrada xeral ten un prezo de 4 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2 euros.
A programación cultural do Concello de Ames continúa para a rapazada de Ames coa representación da obra “Redondo”, a cargo da compañía Caramuxo teatro. O evento terá lugar este venres, 16 de abril, en dous pases, un ás 17.00 horas e outro ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.
Redondo é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas. A Mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día, na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes. Unha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.
Venda de entradas
Xa se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. A entrada xeral ten un prezo de 4 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2 euros. As entradas para asistir ás dúas sesións deste espectáculo tamén se poden adquirir na Casa da Cultura de Bertamiráns o propio venres, 16 de abril, a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles). Preme nesta ligazón para dispor de información sobre os A-Bonos e a venda de entradas.
Coa finalidade de facilitar a asistencia aos espectáculos e potenciar a participación establécese un prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).