Pestanas principais

A Oficina de Software Libre organiza un obradoiro sobre bicicletas eléctricas e mantemento de baterías

Mércores, 19 de xuño de 2024

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellería de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un obradoiro sobre bicicletas eléctricas e mantemento de baterías. Esta actividade impartirase o sábado 22 de xuño, en horario de 11:00 a 14:00 horas. Trátase dunha actividade organizada conxuntamente polo Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames e o Banco de Reciclaxe electrónica de ESF Galicia. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón, ou enviando un correo a osla@agasol.gal.

O sábado 22 de xuño organízase unha nova actividades da Oficina de Voluntariado Informático de Software Libre, unha iniciativa impulsada por AGASOL coa colaboración da Concellería de Benestar Social do Concello de Ames. A Oficina de Software Libre e Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames é un proxecto posto en marcha polo Concello de Ames e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL).

Esta é a cuarta actividade da programación de 2024. Desta volta, as persoas asistentes poderán ver as opcións dispoñibles para converter en eléctrica a nosa bicicleta, consellos sobre mantemento e reparacións das bicis, así como consellos para o mantemento das baterías dos aparatos eléctricos/electrónicos .  

A actividade impartirase na Oficina de Software Libre e Banco de Reciclaxe de Ames, situada no antigo centro de saúde do Milladoiro, na rúa Agro do Medio, número 8, de 11:00 a 14:00 horas.  A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón, ou enviando un correo a osla@agasol.gal.

Divulgación das novas tecnoloxías en software libre
Cómpre lembrar que a Oficina de Software Libre centra as súas actividades en divulgar as novas tecnoloxías en software libre entre os grupos sociais menos favorecidos. Para conseguilo, impártense cursos de formación e realízanse actividades de alfabetización dixital para aquelas persoas que o necesiten. Ademais, ofrécese axuda para resolver dúbidas relacionadas coa tecnoloxía e establécese como punto de encontro onde aprender, compartir e construír.

Durante o pasado curso a Oficina desenvolveu diferentes actividades de formación e divulgación de tecnoloxías de software libre. En concreto, realizou o obradoiro “Aforra na túa factura da luz”; outro sobre “Automatización da túa casa, controla o teu fogar”; e un terceiro denominado “Repair café de equipos informáticos”.

A Oficina de Software Libre organiza un obradoiro sobre bicicletas eléctricas e mantemento de baterías

Multimedia

  • A Oficina de Software Libre organiza un obradoiro sobre bicicletas eléctricas e mantemento de baterías