Pestanas principais

A Oficina do Voluntariado de Ames ofrece a posibilidade de participar dunha actividade de deseño de interiores para principiantes

Luns, 07 de outubro de 2019

A Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina do Voluntariado de Ames (OVA), porá en marcha o próximo luns, 21 de outubro, unha nova actividade de deseño de interiores para principiantes. O curso impartiranse os luns, de 18:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Ofértanse 15 prazas e as inscricións pódense realizar de xeito presencial na OVA, ou a través do teléfono 662377044.

A voluntaria María Teresa Lamas será a encargada de levar a cabo esta nova actividade que se oferta, por primeira vez, desde a Oficina do Voluntariado de Ames. María Teresa é arquitecta, docente e especialista en xestión ambiental metropolitana. A pretensión é que as persoas interesadas aprendan e se divirtan a partes iguais cunha disciplina que favorece a creatividade.

O curso de deseño de interiores para principiantes únese ás moitas actividades que, ano tras ano, ofrece a Oficina do Voluntariado, como inglés para maiores, español para estranxeiros, escolas integrais de maiores, horticultura e vinicultura ou patronaxe, corte e confección. Neste último curso xa se cubriron todas as prazas e hai unha lista de agarda de vinte persoas. Para as demais actividades aínda hai prazas dispoñibles, polo que os/as interesados/as poden aínda matricularse nelas.

 

Novas relacionadas:

Compostela 24 horas: "Curso de deseño de interiores para principiantes en Ames"

Cartel do curso de deseño de interiores para principiantes

Multimedia

  • Cartel do curso de deseño de interiores para principiantes