- Tematica
A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ames (OMIX) organiza para o vindeiro sábado 5 de outubro, un novo curso de dinamización de eventos infantís. O curso, que estará orientado ao desenvolvemento de actividades de entretemento, desenvolverase na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 10:00h a 14:00h e de 15:30 a 19:30h. Para participar deste curso é preciso anotarse, enviando a ficha de inscrición cuberta xunto cunha fotocopia do DNI ao enderezo de correo electrónico omix@concellodeames.gal. O curso está dirixido a mozas e mozos maiores de 18 anos. O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 25 de setembro e o 2 de outubro. Ao remate desta nova poderás obter o impreso de inscrición.
O curso de dinamización de eventos infantís conta con 8 horas formativas, nas que se abordarán diferentes aspectos orientados á animación de eventos infantís como o maquillaxe ou a globoflexia. O curso está concibido como unha formación complementaria tanto para monitoras e monitores, como para todas aquelas persoas interesadas en formarse en actividades vinculadas ao lecer infantil.
O Concello de Ames xa ten organizado este curso en ocasións anteriores, gozando sempre dun grande éxito de participación. Nesta edición, existen un total de 20 prazas dispoñibles, que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas en Ames de entre 18 e 30 anos. O curso está destinado a mozas e mozos maiores de 18 anos. Para a realización do mesmo, deberá haber un mínimo de 15 persoas inscritas.
Ao final do curso, as persoas que teñan completado a actividade recibirán un certificado de asistencia. Para participar, é preciso enviar a ficha de inscrición cuberta –que se pode atopar ao pé desta nova- xunto cunha fotocopia do DNI ao enderezo de correo electrónico omix@concellodeames.gal. O prazo de inscrición permanecerá aberto do 25 de setembro ao 2 de outubro. Para obter máis información, pódese chamar ao número de teléfono 616 083 229.