Pestanas principais

A opción 1 foi a máis votada polos usuarios para o deseño da nova sala de estudo de Bertamiráns

Sábado, 27 de febreiro de 2016

[27-02-2016] A concellaría de Educación e Cultura destaca os resultados obtidos na consulta aos veciños e veciñas de Ames para elixir o deseño da reforma da futura sala de estudo da Casa da Cultura de Bertamiráns. A opción 1 foi a escollida pola maioría, co 46% dos votos, e será a que se adopte nas obras que unirán as salas 1 e 2 da Casa da Cultura de Bertamiráns para poñer en marcha este servizo. Dende a concellaría prevese que a sala estea rematada e lista para acoller a usuarios o antes posible, ao estar incluídas as obras na liña de subvencións de equipamentos e infraestruturas culturais da Deputación da Coruña.

O concelleiro de Educación, David Santomil, mostrouse "moi satisfeito" ante alta participación dos usuarios que, segundo Santomil, "son á fin e ao cabo os que mellor coñecen as necesidades, xa que serán os que a empreguen de forma diaria ou puntual este servizo".

Resaltar a importancia destes procesos participativos xa que mudaron a opción prevista inicialmente, xa que foi elevado 46 % que se posicionou pola opción 1, fronte os resultados das dúas outras opcións presentadas. Tamén un 16% dos participantes ofreceron alternativas distintas as plantexadas ofrecendo visións totalmente distintas, que foron valoradas de moi bo agrado.

David Santomil engadiu que esperaba poder poñer en marcha procesos abertos de participación veciñal como este "tan a miúdo como sexa posible para dar un maior pulo á participación veciñal na toma de decisións do Concello".

Cómpre lembrar que as actividades que se realizaban nas salas 1 e 2 da Casa da Cultura de Bertamiráns, na que se situará a nova sala de estudo, foron trasladadas á primeira planta do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Desta forma a biblioteca de Bertamiráns poderá prestar este servizo como xa o fai a biblioteca do Milladoiro, equiparándose ambas.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Mesas separadas y para 4 en la sala de estudio"
La Voz de Galicia: "Los vecinos de Ames diseñan la sala de estudio de la biblioteca"