Pestanas principais

Organízase unha charla informativa sobre o ingreso mínimo vital

Venres, 24 de xullo de 2020

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza para o mércores, 29 de xullo, ás 20.30 horas, unha charla sobre o ingreso mínimo vital. A charla celebrarase no salón de actos da Casa da Cultura do Milladoiro. A avogada e asesora xurídica dos servizos socio comunitarios básicos do Concello de Ames, Raquel Dopico, será a encargada de explicarlle aos/as asistentes que é o ingreso mínimo vital, as contías que corresponden en cada caso, quen a pode solicitar, como, onde, etc. Prégase estar un pouco antes do comezo da charla. Hai aforo limitado que se irá cubrindo a medida que vaia chegando a veciñanza.

O ingreso mínimo vital é unha prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que viven soas ou están integradas nunha unidade de convivencia e carecen de recursos económicos básicos para cubrir as súas necesidades básicas.

Configúrase como dereito subxectivo a unha prestación económica, que forma parte da acción protectora da Seguridade Social, e garante un nivel mínimo de renda a quen se atope en situación de vulnerabilidade económica. Persegue garantir unha mellora real de oportunidades de inclusión social e laboral das persoas beneficiarias.

Opera como unha rede de protección dirixida a permitir o tránsito desde unha situación de exclusión a unha participación na sociedade. Conterá para iso no seu deseño incentivos ao emprego e á inclusión, articulados a través de distintas fórmulas de cooperación entre administracións.

Para falar de todo isto e ampliar información sobre o ingreso mínimo vital, a Concellaría de Benestar Social organiza para o mércores, 29 de xullo, ás 20.30 horas, unha charla informativa. A charla celebrarase no salón de actos da Casa da Cultura do Milladoiro. Prégase estar un pouco antes do comezo da charla. Hai aforo limitado que se irá cubrindo a medida que vaia chegando a veciñanza.

A avogada e asesora xurídica dos servizos socio comunitarios básicos do Concello de Ames, Raquel Dopico, será a encargada de explicarlle aos/as asistentes que é o ingreso mínimo vital, as contías que corresponden en cada caso, quen a pode solicitar, como, onde, etc.

Aquí podes ver un vídeo sobre a información á súa disposición na páxina web da Seguridade Social sobre o ingreso mínimo vital.

Novas relaiconadas:

Revista AmsGo: "Charla informativa sobre o Ingreso Mínimo Vital o vindeiro mércores, día"

Cartel da charla informativa sobre o ingreso mínimo vital

Multimedia

  • Cartel da charla informativa sobre o ingreso mínimo vital