Pestanas principais

Os 12 alumnos/as do obradoiro de informática organizado pola Aula AMTIC reciben os diplomas de fin de curso

Xoves, 30 de marzo de 2023

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) pechou este mércores, 29 de marzo, o obradoiro de informática para JUPEMI, que comezou a impartirse no mes de xaneiro, e no que participaron 12 persoas co obxectivo de iniciarse na formación informática básica. A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, foi a encargada de entregar os diplomas ao alumnado do curso.

Un total de 12 persoas participaron no curso de informática impartido pola Aula AMTIC do Milladoiro, que se vén desenvolvendo dende o mes de xaneiro e que finalizou onte, 29 de marzo. O obradoiro tivo como principal finalidade a formación en aspectos básicos de informática a persoas que partían do descoñecemento no ámbito tecnolóxico.

A Aula AMTIC foi inaugurada en abril do pasado ano cun renovado aspecto, tras a modernización dos seus espazos e equipos informáticos, cunha inversión acometida pola Concellaría de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación. Na actualidade conta con doce postos con ordenadores. Durante o primeiro trimestre deste ano, a Aula acolleu distintos talleres para diversas idades e niveis de alfabetización tecnolóxica.

Contidos do curso de informática para JUPEMI
Os participantes do curso de informática para JUPEMI aprenderon sobre aspectos como o acendido e o apagado de ordenadores, así como teoría sobre hardware e software. Unha vez asentados os conceptos básicos, o alumnado comezou a facer práctica do uso do rato e a personalización do escritorio, así como da creación de carpetas. Ademais, os participantes do obradoiro aprenderon sobre o emprego de aplicacións como Calculadora e Paint e de programas de texto. Posteriormente, iniciáronse no uso de internet: buscas en Google (xornais, webs lúdicas...), utilización de páxinas como Wikipedia ou Youtube...

Por outra banda, o taller enfocouse na utilización dos smartphones. Así, os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de aprender a crear contactos no teléfono, a usar a alarma e personalizala, a programar o cronómetro e o temporizador ou a sacar fotos usando os distintos modos do dispositivo.

A formación incluíu tamén nocións sobre a aplicación Whatsapp e as súas funcións (videochamadas, transferencia de arquivos e ligazóns, creación de grupos, audios de voz... etc). Ademais, os participantes aprenderon a facer buscas co teléfono, a consultar o tempo e a descargar aplicacións e libros.

A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, asistiu á última xornada de clases, e foi a encargada de entregar os diplomas de asistencia ao alumnado.

Foto grupal dos participantes no obradoiro de informática

Multimedia

  • Os 12 alumnos/as do obradoiro de informática organizado pola Aula AMTIC reciben os diplomas de fin de curso