- Tematica
As persoas autónomas, con ou sen persoal contratado, xa poden solicitar as axudas que facilita a Xunta de Galicia para compensar as consecuencias económicas provocadas pola Covid-19. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba o mércores a primeira das líneas de apoios do Plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas e microempresas que se viran afectados polo peche da súa actividade debido á normativa sanitaria. A axuda, de 1.200 ou 2.000 euros, poderá solicitarse até o vindeiro 18 de decembro.
As persoas beneficiarias desta axuda económica son os autónomos, con ou sen persoal contratado ao seu cargo, que estean dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou Réxime do Mar, como traballadores por conta propia, incluídas as persoas autónomas societarias. Estes autónomos deberán ter o domicilio fiscal en Galicia e recoñecer o cese común o extraordinario de actividade regulado en el Real Decreto Lei 30/2020, de 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego.
Os traballadores por conta propia que cumpran con estes requisitos e que pertenzan a calquera tipo de actividade económica, poderán optar a un apoio de 1.200 euros. Esta contía incrementarase ata os 2.000 euros para os autónomos de sectores ou actividades económicas especialmente paralizadas.
Son principalmente as relacionadas co el ocio nocturno; actividades que se desenvolvan en atraccións de feiras, taxistas, transporte marítimo de pasaxeiros, transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores, provisión de comidas preparadas para eventos, actividades de exhibición cinematográfica, axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas cos mesmos, organización de feiras, artes escénicas, salas de espectáculos, parques de atraccións e outras actividades recreativas e de entretemento.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que “os requisitos para poder optar a esta liña de axudas do Plan de rescate da Xunta de Galicia, para as persoas traballadoras autónomas, son estar de alta no RETA ou no Réxime do Mar, incluídas as persoas autónomas societarias; ter o domicilio fiscal en Galicia; e ter recoñecido o cese ordinario ou extraordinario de actividade, segundo o Real Decreto Lei 30/2020 do 29 de setembro. O prazo para presentar as solicitude estará aberto ata o 18 de decembro”.
Tramitación
Os beneficiarios da axuda, que a recibirán nun pagamento único, terán que comprometerse a manter a actividade económica de alta durante dous meses a contar desde a data de publicación da orde de axudas. A tramitación destes apoios será por medio dunha declaración responsable por parte do solicitante. A finalidade do programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas para facer fronte á situación económica motivada pola Covid-19 co obxectivo de contribuír ao mantemento da actividade económica e do emprego.
O Plan de rescate para persoas traballadoras autónomas e microempresas da Xunta, que se acordou no seo do Diálogo Social e na Mesa do Emprego Autónomo, e que inclúe unha liña específica de axudas urxentes ao sector da hostalería afectado polo peche decretado pola autoridade sanitaria, está dotado con preto de 80 millóns de euros para manter a actividade de 30.000 autónomos e de 10.000 microempresas.
Plataforma Gohu
A Xunta, ademais, para resolver calquera dúbida sobre este programa de axudas e outros plans da Consellería de Emprego e Igualdade volve a activar a aplicación móbil (APP) Gohu, a liña de teléfono 900 815 600 e a conta de correo electrónico hola@gohu.es para informar en todo momento das novidades. A APP pódese descargar para teléfonos con iOS premendo aquí e para Android. Ambas as dúas ligazóns están dispoñibles na páxina web: www.gohu.es.
A páxina web da oficina do autónomo abriu tamén unha sección específica para achegar a información sobre o plan de rescate ao colectivo.
Novas relacionadas:
Revista AmesGo: "Ata 2.000 euros por autónomo no Plan de rescate autonómico"