Pestanas principais

Os concellos de Ames e Mos unidos polos traballos da artesá Ana Rosa Lista

Mércores, 11 de agosto de 2021

A profesora, deseñadora e artesá Ana Rosa Lista Sebe leva os seus traballos ata o concello de Mos. A súa obra titulada “O Camiño do Encaixe” vencella a arte de palillar co patrimonio cultural e artístico dos Camiños de Santiago. A exposición poderá visitarse no Pazo de Mos ata o 11 de setembro de 16:00 a 20:00 horas.

A fachada do Obradoiro, o botafumeiro ou a emblemática cuncha de vieira son algúns dos elementos que a artista amesá quixo inmortalizar na súa obra titulada “O Camiño do Encaixe”. Nas súas pezas, a artesá da parroquia de Ortoño, vencella a arte de palillar co patrimonio cultural e artístico dos Camiños de Santiago a través da simboloxía e dos edificios emblemáticos que transcorren polas rutas xacobeas.

A Asociación de Palilleiras de Mos quere con esta exposición impulsar a vertente artística do seu municipio e convertela nun revulsivo para a recuperación turística tras a COVID-19. A exposición estará aberta ao público ata o 11 de setembro no Pazo de Mos de 16:00 a 20:00 horas.

Ao longo de máis dun mes os amantes do encaixe poderán achegarse a Mos para coñecer os traballos desta veciña de Ames. Unha labor totalmente artesanal e que supón moitas horas de dedicación e entrega para facer voar os bolillos.

A profesora, deseñadora e artesá Ana Rosa Lista Sebe leva os seus traballos ata o concello de Mos

Multimedia

  • Cartel da exposición O Camiño do Encaixe
  • A profesora, deseñadora e artesá Ana Rosa Lista Sebe leva os seus traballos ata o concello de Mos
  • A profesora, deseñadora e artesá Ana Rosa Lista Sebe leva os seus traballos ata o concello de Mos.
  • A profesora, deseñadora e artesá Ana Rosa Lista Sebe leva os seus traballos ata o concello de Mos.