Pestanas principais

Os cursos de natación iniciaron o mes de xullo con 70 inscritos

Venres, 02 de xullo de 2021

A actividade, organizada pola concellaría de Deportes, comezou este xoves, 1 de xullo, con boas cifras de participación. A actividade que se vai levar a cabo nos meses de xullo e agosto nas piscinas descubertas municipais rexistrou 70 inscricións para o presente mes.

Os veciños e as veciñas de Ames teñen gañas de desfrutar das instalacións deportivas municipais. A concellería de Deportes organizou varias actividades para gozar das piscinas descubertas ao longo dos meses de xullo e agosto, unha proposta ben acollida polos/as amienses. Os cursos de natación recibiron 70 inscricións para o mes de xullo, das cales 50 son para a piscina do Milladoiro e 20 para a piscina de Bertamiráns.

Os cursos de natación impártense de luns a venres nas piscinas descubertas e están organizados en función da idade das/os participantes. Os máis madrugadores son os maiores de dez anos que comezan ás 11:15h, ás 12:00h é a quenda daquelas e aqueles que teñan entre 8 e 9 anos; xa ás 12:45h será a vez daqueles cuxa idade estea comprendida entre os 6 e os 7 anos; e, finalmente, ás 13:30h serán as/os máis pequenos da casa, cunha idade comprendida entre os 3 e os 5 anos, os que se mergullarán na auga.

O prezo das actividades é de 20 euros (10 euros no caso de ser 2º membro e 5 euros no de terceiros e restantes).

O 12 de xullo abrirase o prazo para inscribirse nos cursos de natación que se impartirán en agosto. Os interesados poderán apuntarse a través da plataforma Cronos ata o 23 de xullo.

Cursos de piragüismo

A concellaría de Deportes organizou, ademais, un curso de piragüismo que se impartirá na Praia Fluvia de Tapia. O número de persoas inscritas para esta actividade é de 25 participantes para o mes de xullo.

Esta actividade está dispoñible para os nenos/as nados/as entre o 2007 e o 2013. O curso de piragüismo vaise levar a cabo na Praia Fluvial de Tapia os luns, mércores e venres dende as 11:00 ás 12:15 horas nos meses de xullo e agosto.

O prezo é de 30 euros un mes e 50 euros os dous meses. Para asistir é imprescindible saber nadar.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Arrancan con 70 inscritos os cursos de natación de xullo para os amesáns"

Revista AmesGO: "Setenta inscricións nas actividades municipais de natación"

La Voz de Galicia:"Setenta personas se apuntan en los cursos de natación de julio en Ames"

El Correo Gallego: "A praia fluvial de Tapia acollerá os cursos de piragüismo do concello"

Cursos de natación nas piscinas descubertas

Multimedia

  • Cursos de natación nas piscinas descubertas
  • Cursos de natación nas piscinas descubertas
  • Cursos de natación nas piscinas descubertas