Pestanas principais

Os maiores de Ames divertíronse coa sesión de música e coa chocolatada que organizou o Concello

Sábado, 28 de decembro de 2013

[28-12-2013] O pavillón deportivo de Bertamiráns acolleu este venres, 27 de decembro, unha sesión de baile, que estivo dirixida aos maiores de Ames na que houbo chocolatada e música en directo. Esta actividade, que estivo organizada pola Concellería de Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, desenvolveuse durante toda a tarde e estivo amenizada por Miguel Torres e Luís Rey. O alcalde de Ames, Santiago Amor, a concelleira de Voluntariado e Maiores, María Carmen Verde, o concelleiro de Urbanismo e o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, tamén participaron neste evento que se enmarca dentro da programación cultural do Nadal 2013.



Este baile, no que se contou coa colaboración de Feiraco, organízase co obxectivo de que sexa un espazo de encontro e de lecer no que os veciños e veciñas maiores, e os non tan maiores, ademais de bailar, se relacionen cos amigos e coñecidos. Co obxectivo de facilitar a asistencia a este evento, o Concello de Ames puxo en marcha un servizo de autobuses para achegarse ata o pavillón de Bertamiráns. Un vez rematado o evento os asistente puideron regresar as súas casas nos autobuses.

Chocolate e baile cos nosos maiores, baixo este este lema o Concello de Ames organizou por segundo ano consecutivo unha sesión de baile no pavillón polideportivo de Bertamiráns. Esta actividade forma parte da completa programación deseñada polo Concello de Ames para o Nadal 2013, na que hai actividades para todos os públicos.

Neste evento, que estivo dirixido aos maiores do municipio, houbo música e chocolate con rosca. Os participantes puideron gozar da música de Miguel Torres e Luís Rey. Dende as 18:00 horas Miguel Torres e Luís Rey deleitaron aos asistentes con varias pezas musicais para que se fose animando o ambiente. De seguido fíxose o reparto do chocolate e da rosca. Todos os veciños e veciñas puideron gozar dun chocolate quente e dun pedazo de rosca. Unha vez rematada a merenda, continuou a música da man de Miguel Torres e Luís Rey.