Pestanas principais

Os menores de 19 anos xa poden adquirir a tarxeta Xente Nova para viaxar gratuitamente no transporte metropolitano

Luns, 29 de agosto de 2016

[29-08-2016] O Concello de Ames informa á veciñanza de que a partir deste luns, 29 de agosto, a Xunta de Galicia pon a disposición das persoas menores de 19 anos a tarxeta “Xente Nova”. Este servizo permite a realización gratuíta de 60 viaxes ao mes na rede do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia. As tarxetas poderán retirarse, tamén de forma gratuíta, nas oficinas de ABANCA.

A través da ligazón http://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn poderase solicitar cita para adquirir a nova tarxeta de transporte metropolitano “Xente Nova”. As persoas maiores de idade deberán aportar o seu nome e DNI para obter cita; e acudir con el para poder retirala. As e os menores de 18 anos precisarán os datos dalgún dos seus representantes legais. Á cita deberá acudir acompañado por ese mesmo representante, que aportará ademais do DNI o Libro de Familia, ou un documento similar. Unha vez expedida e activada a tarxeta a persoa beneficiaria poderá comezar a empregala. As primeiras 50.000 tarxetas expedidas serán entregadas cunha bonificación de 20 euros.

As persoas usuarias aboarán o importe dos viaxes realizados na rede de transportes metropolitanos en cargo á súa tarxeta Xente Nova, que poderán recargar nos caixeiros ou oficinas de ABANCA. Cada 15 días, o 5 e 20 de cada mes, a Xunta de Galicia calculará o reintegro que deberá efectuar á tarxeta. Dende a data na que se realice o abono na súa conta bancaria as e os usuarios terán até dous meses para aceptalo.