- Tematica
As nenas e nenos da escola infantil municipal do Bosque, situada en Bertamiráns, foron partícipes da celebración do Día da Paz, que se conmemora o 30 de xaneiro. Tendo en conta as medidas hixiénico-sanitarias de seguridade debido á Covid, cada familia mandou unha foto na que os pequenos mostraban frases, palabras ou signos relacionados coa Paz. Ademais, os pés de todo o alumnado plasmáronse nun papel pintado e realizaron un cartel no se que se pode ler “Camiñando cara a paz”.
A escola infantil municipal de O Bosque, conmemorou o Día Escolar da Non Violencia e a Paz para recordar a importancia de valores e de pequenas accións que axudan a construír un entorno de paz.
Chegado o 30 de xaneiro, os nenos e nenas puxeron en valor os aspectos que se reivindican nesta celebración. Aspectos como a empatía, a solidariedade ou a gratitude, poténciase na escola cada día pero recordáronse de xeito especial durante esta xornada a través de xogos con globos, papeis e pombiñas.
Os cativos e cativas plasmaron os seus pes nun papel pintado por eles mesmos e fixeron un cartel no que se pode ler “Camiñando cara a paz”. Ademais, cada familia enviou unha fotografía na que os nenos e nenas mostraban algunha frase, palabra ou signo relacionado coa celebración. Todas as imaxes expuxéronse na entrada da escola de Bertamiráns para que se poidan ver e ler.