Pestanas principais

Os representantes da consultora do Transporte metropolitano trasladáronlle ao goberno de Ames a viabilidade das alegacións presentadas

Venres, 13 de setembro de 2019

Esta semana o alcalde de Ames, José Miñones, e maila concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, mantiveron unha xuntanza cos representantes da consultora do transporte metropolitano para explicarlles as alegacións presentadas polo Concello de Ames ao proxecto de explotación de servizos públicos de transporte metropolitano, así como para solucionar dúbidas sobre o proceso de licitación. En dita reunión os representantes da consultora do Transporte metropolitano trasladáronlle ao goberno municipal a viabilidade das alegacións presentadas e consideran que son coherentes e é posibles levalas a cabo. O rexedor municipal e maila concelleira de Mobilidade tamén se interesaron sobre a accesibilidade, a problemática dos carriños de bebé, as paradas e o sistema informatizado.

Na reunión mantida cos representantes da empresa encargada de realizar o estudo e traballo técnico da nova licitación do transporte o alcalde e maila concelleira de Mobilidade trataron as alegacións presentadas ante a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, da Xunta de Galicia, sobre o proxecto de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estradas. Nesta xuntanza tratáronse todas e cada unha das alegacións que o Concello presentou o pasado mes de agosto á redacción inicial dos novos pregos. Ditas alegacións foron ben acollidas polos técnicos e trasladaron que existe a posibilidade DE telas en conta ao ser moi coherentes.

As alegacións presentadas céntranse en seis liñas de transporte: ruta da rúa da Rosa - Bertamiráns – A Gándara; ruta da rúa da Rosa – Ameneiro – Casalonga – Firmistáns; ruta da rúa da Rosa – O Milladoiro; ruta polígono Novo Milladoiro – Bertamiráns; e ruta da rotonda de As Viñas - rúa da Rosa. Ademais, proponse para as fins de semana, a creación dunha liña nocturna con parada segura que sexa circular Bertamiráns – O Milladoiro – rúa da Rosa, comezando ás 23:30h con dúas frecuencias de primeira hora e dúas de volta ás 3:00 e 4:00 horas.

Deste xeito, dende o goberno municipal de Ames xustificaron que son necesidades trasladadas por parte da veciñanza de Ames. Ademais, plantexouse que unha das necesidades primordiais para a implantación do PMUSS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible e Saudable) é dispor dun transporte que cubra as necesidades da poboación do concello e poder ter liñas en horarios importantes para os grandes puntos de mobilidade (polígonos, hospitais, universidade, etc.).

Dende o goberno municipal tamén expresaron a necesidade de poder enlazar o transporte metropolitano que chega de Ames coas liñas de Santiago, que van cara os polígonos para non ter que usar o vehículo privado, así como poder dispor dunha boa conexión co polígono do Milladoiro, xa que moitos dos seus traballadores/as viven fóra do Milladoiro.

Creación dunha liña nocturna
Por último preseouse a demanda para a creación dunha liña nocturna, xa que é unha das demandas, que ao longo destes último anos, máis se ven solicitando por parte da mocidade amesá. Trátase da posta en servizo dunha liña BUHO nocturna con percorrido de ida e volta a partir das 23:30h da noite en venres e sábados.

Así, desde o goberno de Ames proponse para as fins de semana, a creación dunha liña bufo (nocturna) con parada segura que sexa circular Bertamiráns – O Milladoiro – rúa da Rosa, comezando ás 23:30h con dúas frecuencias de primeira hora e dúas de volta ás 3:00 e 4:00 horas. Esta nova liña permitiría mellorar a seguridade viaria da mocidade nun concello que é o máis novo de toda Galicia e que require de medidas excepcionais.

O alcalde de Ames, José Miñones, destaca que “todas e cada unha das alegacións mellorarán considerablemente o transporte con Santiago e permitirá comezar cunha nova forma de desprazamento máis eficiente e eficaz”. Ademais, o rexedor municipal agarda que “o trasladado na xuntanza se materialice, e en breve podamos ter en marcha o proceso de licitación, porque de ser atendidas as demandas do Concello a posta en marcha do servizo mellorará en calidade e cantidade o transporte actual que pasa por ser deficiente”.

A concelleira de Mobilidade, Beatriz, Martínez, indicou que “os representantes da consultora do Transporte metropolitano trasladáronlle ao goberno municipal a viabilidade das alegacións presentadas e consideran que son coherentes e é posibles levalas a cabo”.

Implantación dun sistema informatizado
No referente á problemáticas dos carros de bebés, os representantes do Concello solicitaron que se permita o seu uso e así se recolla nos pregos, non deixando a criterio do condutor este asunto. Do mesmo xeito, no referente ao sistema informatizado, o alcalde recorda que é unha demanda que desde o ano 2015 leva trasladando á Xunta sen que a día de hoxe estea implantado. Os representantes da consultora sinalaron a implantación progresiva que se pretende ter ao respecto, cunha aplicación para móbiles que permita coñecer os tempos reais. O Concello espera que esa implantación sexa o mais rápido posible xa que é un dos aspectos clave á hora de programar os viaxes en autobus.

Ligazóns:

La Voz de Galicia: "La consultora de Transporte metropolitano considera viables las propuestas de Ames"

Lindeiros: "Admitidas as alegacións ao transporte metropolitano presentadas por Ames"

O Concello de Ames presentou alegacións ao proxecto de explotación de servizos públicos de transporte metropolitano