Pestanas principais

Os Seráns de Tapia traen este xoves o concerto de Píscore

Mércores, 14 de xullo de 2021

O xoves 15 de xullo o programa cultural "Seráns de Tapia" acolle a actuación musical de Píscore ás 19.30 horas. Trátase dun espectáculo de música e humor dirixido a un público familiar. Todas as actividades son de balde e non é preciso convite ou inscrición previa.

O programa “Seráns de Tapia”, organizado pola Concellaría de Cultura, coordinado polas Bibliotecas Municipais, e en colaboración coa Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística achega este o concerto de Píscore, unha comedia musical.

Este espectáculo gañou o Premio do Público no Festiclown 2017 e 2019 e o Premio Domingos do Principal de Pontevedra. Píscore naceu na primavera do 2016 e homenaxea co seu nome á famosa Esther Píscore, trasunto da musa da danza, Terpsícore, nun coñecido gag de Les Luthiers. O espectáculo ten a premisa de facer rir ao público desde o virtuosismo musical, a elegancia e unha estética moi achegada á comedia xestual máis clásica.

Todos os xoves de xullo e agosto a Praia Fluvial de Tapia acollerá actividades de teatro, literatura, concertos e monólogos. Podedes consultar a programación completa premendo nesta ligazón.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "O grupo Píscore levará a comedia musical até o Festival Seráns de Tapia"

Seráns de Tapia 15 de xullo

Multimedia

  • Seráns de Tapia 15 de xullo