- Tematica
Os nenos e nenas dos comedores dos colexios e escolas de Ames participaron na décimo quinta elección dos pratos que conformarán o menú do día 22 de xuño, da Rede Municipal de Comedores Escolares, para despedir o ano académico. As eleccións desenvolvéronse durante no horario de comedores no CEIP Agro do Muíño, CEIP A Maía, CEP de Ventín, CEIP de Barouta, na EEI do Milladoiro e nas escolas unitarias e Covas e Tarroeira . Contabilizáronse 1127 votos gañando, un ano máis, a opción de churrasco con patatas fritas (408 votos) e xeado de polo (490 votos).
1127 rapaces e rapazas acudiron ás súas primeiras eleccións. Neste caso, era o menú de fin de curso o que estaba en xogo nesas urnas.
O alumnado puido escoller entre seis opcións: churrasco con patacas fritas, pizza de xamón e queixo, peituga rebozada (nugets) con arroz e salsa de tomate, albóndegas con arroz e salsa de tomate, espaguetes á boloñesa con queixo e pescada rebozada con pasta tricolor. A listaxe de opcións de sobremesa contiña cinco opcións que eran o polo de xeado, xeado de corte de tres sabores, amorodos con nata, iogur de chocolate e flan con nata.
Tras o reconto, a opción de churrasco con patacas fritas acadou os 408 votos e o xeado polo, 490 votos. Polo tanto, por elección democrática, este vai ser o menú do último día do curso, o 22 de xuño.
O último ano que se celebrou esta xornada foi no 2019 xa que no 2020 non se puido realizar por mor da pandemia. Dende o 2011 o churrasco con patacas fritas gañou en sete ocasións e a pizza de xamón e queixo dúas veces. En 2011, 2012, 2013 e gañou o churrasco, mentres que en 2014 e 2015 impúxose a pizza. Os catro últimos anos volveu a gañar o churrasco como o prato favorito dos nenos e nenas da Rede municipal de comedores escolares.
Primeiro contacto coa democracia
Un dos obxectivos que se busca con estas eleccións é que o alumnado aprenda os valores dunha educación en democracia e a respectar o que elixe a maioría. Ademais esta actividade serve para que o Concello coñeza os gustos e preferencias dos máis cativos a hora de xantar. Para realizar estas curiosas eleccións empregáronse as urnas que se empregan nos comicios municipais, autonómicos e estatais.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Los alumnos de Ames vuelven a elegir churrasco para el menú de fin de curso"