O Concello de Ames participou este domingo pasado, 27 de setembro, na actividade “Móllate polos ríos”. Coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), esta actividade consiste na limpeza simultánea de lixo en distintos ríos e regatos de Galicia. As persoas voluntarias que participaron en Ames estiveron divididas en dous grupos e recolleron 30 quilos de lixo encontrado no rego dos Pasos, na contorna do paseo fluvial de Bertamiráns e, incluso, se atoparon con electrodomésticos e mobiliario de cociña no río Sar. Neste último tramo, no río Sar, a diferenza do primeiro, no rego dos Pasos, na que se percibiu a mellora na limpeza con respecto ao ano anterior, destacou a cantidade de escombros atopados e o mal estado das augas.
A veciñanza de Ames botouse aos ríos este domingo, 27 de setembro, para participar na actividade “Móllate polos ríos” coa intención de recoller o lixo encontrado. A asociación ADEGA, a través do programa “Proxecto Ríos”, vén organizando dende o ano 2008, esta xornada de limpeza simultánea de ríos e regatos en toda Galicia. Trátase dun programa de educación e voluntariado ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
Este ano quixeron colaborar na iniciativa 8 persoas que se reuniron na praza do Concello ás 10.30 horas. Unha vez realizada a presentación da actividade e dar as instrucións oportunas sobre como debían desenvolver a limpeza, fixéronse dous grupos que se encargaron da limpeza de dúas zonas diferentes: un tramo do rego dos Pasos e outro tramo do río Sar. A participación este ano en Ames foi baixa, pero a cantidade de lixo recollida foi boa, polo tanto o resultado do traballo feito foi positivo.
Rego dos Pasos
O primeiro grupo adicouse a recoller o lixo do rego dos Pasos, na contorna do paseo fluvial de Bertamiráns. No primeiro tramo da ruta é onde máis limpeza se tivo que facer xa que había restos de lixo. Os voluntarios e voluntarias encontraron latas de cervexa, vasos, paquetes de tabaco, así como botellas ou cabichas.
Os/as voluntarios/as continuaron pola ruda do río sorprendidos polo bo estado da agua e a limpeza da zona. Tras o esforzo que se lle adicou a edición pasada á limpeza deste tramo do rego, este ano notouse a concienciación das persoas, xa que son moitas as que percorren a ruta do rego dos Pasos. Tan só houbo que recoller algún envoltorio antigo. En total, o grupo de voluntarios reuniron 30 quilos de lixo no rego dos Pasos.
Río Sar
O segundo grupo de persoas limparon o tramo do ríos Sar que vai dende Vidaloiso ata o Rial. Neste tramo comprobouse o nulo tratamento das augas xa que ata o río Sar chegan compresas, bastóns de oídos e bolsas de plástico.
Este lixo non foi o único atopado nas beiras deste tramo do río Sar, senón que os voluntarios puideron ver como este río se converteu nun vertedoiro. Electrodomésticos e ata un mobiliario enteiro dunha cociña desfeita estaban no Sar.
As labores de limpeza remataron arredor da 13.00 horas e as/os participantes reuníronse de novo na praza do Concello para avaliar a natureza e quilos de lixo recollidos en cada rego e despois depositaron o lixo nos correspondentes contedores. Os datos acadados ao longo da xornada serán enviados a ADEGA, para a realización dun informe sobre o estado dos nosos ríos.
Este ano a iniciativa “Móllate polos ríos” non contou cunha gran participación por parte da veciñanza de Ames xa que tan só 8 voluntario/as prestaron a súa axuda. Non obstante, foi una xornada agradable e cun resultados moi gratificantes debido a gran recollida de lixo que se fixo.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Os participantes na actividade “Móllate polos ríos” recolleron 30 quilos de lixo no rego dos Pasos"
Revista Amesgo: "Retiran o mobiliario dunha cociña enteira do río Sar"