Pestanas principais

Os/as atletas do Club Atletismo MillaRaio obteñen catro medallas no campionato de Galicia ao aire libre absoluto e das categorías sub18, sub20, sub23

Mércores, 02 de setembro de 2020

Entre o venres 28 e o domingo 30 de agosto celebrouse nas pistas de Elviña, na Coruña, o campionato de Galicia ao aire libre absoluto e das categorías sub18, sub20, sub23. O Club Atletismo MillaRaio participou con cinco atletas, acadando un total de catro medallas: tres de prata e unha de bronce.

Na primeira xornada do campionato Laura Barbazán foi medalla de prata no lanzamento de martelo sub18. Na xornada do sábado, o club obtivo dúas novas pratas. Antón Riveiro acadou a medalla de prata nos 100ml sub18, clasificándose ademais para a final absoluta, na que rematou sexto. Na proba de 200ml rematou en cuarto lugar na categoría sub18, e volveu meterse na final absoluta, rematando quinto na final B (co mesmo tempo que o cuarto).

Torcuato Labella foi medalla de prata no lanzamento de xavelina sub20, e quinto nos 100ml sub20. Daniel Cariñena, sub16, foi cuarto na súa serie dos 100ml correndo cos sub20, e Laura Barbazán foi cuarta nos 100m valados sub18. Na última xornada, Sara Castelo acadou a medalla de bronce na proba de lanzamento de disco sub18.

Novas relacionadas:

Revista Ames Go: "Catro novas medallas para o MillaRaio"

Sara Castelo acadou a medalla de bronce na proba de lanzamento de disco sub18

Multimedia

  • Antón Riveiro acadou a medalla de prata nos 100ml sub18
  • Laura Barbazán foi medalla de prata no lanzamento de martelo sub18
  • Torcuato Labella foi medalla de prata no lanzamento de xavelina sub20
  • Daniel Cariñena, sub16, foi cuarto na súa serie dos 100ml correndo cos sub20