Pestanas principais

Pablo Cariñena e Breixo Otero, do club de atletismo MillaRaio, gañan a medalla de bronce en lanzamento de disco nas categorías sub20 e sub16

Sábado, 22 de febreiro de 2025

Este mes de febreiro celebráronse os campionatos galegos de marcha en ruta e de lanzamentos longos de inverno das categorías sub16 e sub20 nos que participaron varios atletas do club de atletismo MillaRaio. Cómpre destacar a actuación de Pablo Cariñena e Breixo Otero, que gañaron a medalla de bronce en lanzamento de disco nas categorías sub20 e sub16.

No campionato de marcha en ruta, celebrado o domingo 9 de febreiro na Pobra do Caramiñal, participaron Ana Barreiro, na categoría sub16, e Olaia Pazos, Sabela Cabo e Sara Blanco, na categoría sub12, conseguindo todas elas mellorar as súas marcas persoais.

Por outra banda, o sábado 8 de febreiro en Ordes, Pablo Cariñena acadou a medalla de bronce en lanzamento de disco da categoría sub20, e xa o domingo Breixo Otero, no Barco de Valdeorras, acadou tamén o bronce en disco no campionato sub16. Neste campionato sub16 tamén competiu Yago Bouzas, en lanzamento de martelo, mellorando a súa marca persoal en seis metros.

Dende o club de atletismo MillaRaio destacan o bo rendemento dos/as atletas destes grupos de tecnificación.

Pablo Cariñena e  Breixo Otero, do club de atletismo MillaRaio, gañan a medalla de bronce en lanzamento de disco nas categorías sub20 e sub16

Multimedia

  • Pablo Cariñena e  Breixo Otero, do club de atletismo MillaRaio, gañan a medalla de bronce en lanzamento de disco nas categorías sub20 e sub16