- Tematica
Papá Noel estivo este venres, 22 de decembro, no Centro social do Milladoiro, e o sábado 23, na Casa dos maiores de Bertamiráns. Un gran número de nenos e nenas pasaron por estes dous locais municipais para poder falar e entregarlle a carta ao propio Papá Noel, antes de que reparta os agasallos durante a noite do 24 de decembro. Os rapaces e rapazas foron agasallados cun imán coa imaxe de Papá Noel e puideron fotografarse no photomaton de Santa Claus. Esta actividade está incluída na programación de Nadal do Concello de Ames.
Papá Noel visitou un ano máis o concello de Ames. O día 22 de decembro achegouse ao Centro social do Milladoiro (no local do antigo centro de saúde), mentres que o sábado 23 estivo na Casa dos maiores de Bertamiráns. En ambos casos as visitas foron en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas. Os rapaces e rapazas foron agasallados cun imán coa imaxe de Papá Noel e puideron fotografarse no photomaton de Santa Claus.
Esta actividade, que está incluída na programación de Nadal do Concello de Ames, tivo moi boa acollida entre os rapaces e rapazas de Ames, que se achegaron por estes dous locais municipais para poder falar e entregarlle a carta ao propio Papá Noel antes de que reparta os agasallos durante a noite do 24 de decembro.
Ademais, este sábado 23 de decembro, ás 20.00 horas, a escola de danza santiaguesa Balancé representa “Mary Poppins: El musical” no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Os cartos das entradas destinaranse integramente á fundación Aladina, adicada a axudar a nenos e adolescentes con cancro e ás súas familias, e á fundación UCIM, unha fundación turca que recada fondos para axudar ás nenas que sofren abuso en Turquía.