[13-05-2013] Un ano máis os veciños e veciñas da parroquia de Biduído celebraron as festas na honra da Virxe do Maio. As celebracións comezaron o sábado, 11 de maio, cunha verbena na que actuou o grupo Kamelot e a orquestra Los Satélites. O domingo, ás 13:00 horas, celebrouse unha misa solemne na igrexa parroquial. A sesión vermú e a verbena da noite estiveron amenizadas a cargo do grupo Ilusión.
Os días 11 e 12 de maio celebráronse na parroquia de Biduído as festas na honra á Virxe do Maio, unha festividade que se organiza cada ano nesta localidade amiense. Na xornada do sábado 11 de maio, a festa comezou ás 22:30 horas cunha gran verbena que estivo amenizada por dúas grandes agrupacións musicais. En primeiro lugar, actuou o grupo Kamelot e despois foi a quenda da orquestra Los Satélites.
As celebracións na honra á Virxe do Maio de Biduído continuaron o domingo, 12 de maio, cunha misa solemne, que comezou ás 13:00 horas. Tras os actos relixiosos, a festa continuou coa sesión vermú e a verbena que estivo amenizada polo grupo Ilusión.