Pestanas principais

A parroquia de Covas celebra as festas na honra do Santísimo Sacramento

Xoves, 14 de xuño de 2012

[14-06-2012] A parroquia amiense de Covas celebra esta fin de semana as festas na honra do Santísimo Sacramento. O venres, 15 de xuño, a partir das 10:30 horas actúa a Orquestra Ismael. Este mesmo día a veciñanza de Covas gozará da actuación do humorista Lito de Arzúa. Para o domingo quedan os actos relixiosos. Ás 12:30 horas haberá unha misa na honra ao Santísimo Sacramento. Un hora despois o polideportivo de Covas acollerá a actuación dos membros da Asociación Cultural Os Castros.

Estase achegando o verán e comezan as festas no Concello de Ames. Nesta ocasión tócalle a quenda aos veciños e veciñas da parroquia de Covas. Os actos festivos comezan este venres, 15 de xuño, cunha verbena a cargo da Orquestra Ismael. A actuación da orquestra comezará arredor das 10:30 horas. Durante o descanso que realice a orquestra, arredor das 12:00h, actuará o humorista Lito de Arzúa. A continuación, pecharase a festa co segundo pase da actuación da Orquestra Ismael.

O domingo, 17 de xuño, a festa irá na honra do Sagrado Sacramento. Os actos relixiosos comezarán ás 12:30 horas cunha misa. Tralos actos relixiosos, ás 13:30 horas, actuarán os membros da Asociación Cultural Os Castros no polideportivo de Covas.