Pestanas principais

A parroquia de Ortoño celebra a segunda etapa da peregrinación pola ruta “Ría de Muros-Noia”

Venres, 04 de marzo de 2022

O pasado domingo 27 de febreiro continuou a andaina por etapas a través da ruta “Ría de Muros-Noia”, unha actividade organizada pola parroquia de Ortoño, en colaboración da Concellaría de Turismo. As persoas participantes andaron arredor de 15 quilómetros dende Santiago de Tal, en Muros, ata Serra de Outes.

A xornada polo camiño da Ría de Muros e Noia comezou na igrexa de Santiago de Tal, onde rematara a anterior etapa. A expedición chegou ao lugar despois de partir en autobús dende Bertamiráns, as 9:00 horas. Dende alí percorreron uns 15 quilómetros ata chegar a Serra de Outes sobre as 14:20 horas, pasando antes por Esteiro, O Freixo, O Cruceiro de Roo e Brión de Arriba. Na capela da vila, o párroco de Ortoño oficiou unha misa antes de volver en autobús a Ames.

Esta foi a segunda das seis etapas de peregrinación nas que a parroquia de Ortoño decidiu dividir o camiño da Ría de Muros e Noia. A primeira saída tivera lugar o pasado sábado 22 de xaneiro, no que as persoas participantes percorreran 11 quilómetros dende a igrexa da Virxe do Camiño, en Muros, ata Santiago de Tal. As próximas etapas están previstas para os días 2 e 9 de abril, o 21 de maio e o 11 de xuño de 2022.

O concelleiro de Turismo, Manuel Lens, que participa nesta ruta xacobea, destacou que a xornada transcorrera “sen incidentes” e agradeceu a colaboración do GES de Muros e á Protección Civil de Outes. Ademais, quixo gabar a hospitalidade da veciñanza da zona. “Dúas veciñas do lugar de Brión de Arriba, Mari Luz e Loli, obsequiáronnos cun ágape de empanada, rosca e refrescos”, recordou o concelleiro.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Ortoño de senderismo"

A parroquia de Ortoño celebra a segunda etapa da peregrinación pola ruta “Ría de Muros-Noia”

Multimedia

  • A parroquia de Ortoño celebra a segunda etapa da peregrinación pola ruta “Ría de Muros-Noia”