Pestanas principais

A parroquia de Ortoño continúa coa súa peregrinación pola ruta “Ría de Muros-Noia”, percorrendo a terceira e a cuarta etapa

Venres, 20 de maio de 2022

Os pasados sábados 9 de abril e 14 de maio, a parroquia de Ortoño, coa colaboración da Concellaría de Turismo, vén de percorrer a terceira e a cuarta etapa da ruta de peregrinación “Ría de Muros-Noia”. As persoas participantes andaron en abril uns 15 quilómetros de Outes a Noia, mentres que esta pasada fin de semana continuouse dende a vila noiesa ata Sedofeito, no concello de Lousame.

Continúan as andainas polo camiño da Ría de Muros e Noia organizadas pola parroquia de Ortoño, coa colaboración da Concellaría de Turismo. O pasado sábado 9 de abril os veciños e veciñas de Ortoño proseguiron co seu percorrido dende Outes, onde rematara a segunda etapa, para poñer rumbo á vila de Noia. Deste xeito, percorreron uns quince quilómetros, acompañados da Protección Civil de Noia.

O traxecto continuou esta fin de semana, o sábado 14, coa celebración da cuarta etapa do camiño de peregrinación. Partindo dende Noia andouse nesta ocasión ata Sedofeito, no concello de Lousame, nun tramo no que as persoas asistentes recibiron a axuda da Protección Civil de Noia e de Lousame.

A peregrinación polo camiño da Ría de Muros e Noia xa cruzou o ecuador do traxecto, que a parroquia de Ortoño decidiu dividir en seis etapas. A primeira saída tivera lugar o pasado sábado 22 de xaneiro, no que as persoas participantes percorreran 11 quilómetros dende a igrexa da Virxe do Camiño, en Muros, ata Santiago de Tal. Xa en febreiro, o domingo 27, celebrouse a segunda etapa entre Santiago de Tal e a Serra de Outes, cunha saída duns 15 quilómetros.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "A peregrinación da Parroquia de Ortoño pasa o seu ecuador en Lousame"

A parroquia de Ortoño continúa coa súa peregrinación pola ruta “Ría de Muros-Noia”, percorrendo a terceira e a cuarta etapa

Multimedia

  • A parroquia de Ortoño continúa coa súa peregrinación pola ruta “Ría de Muros-Noia”, percorrendo a terceira e a cuarta etapa