Pestanas principais

Participa na andaina saudable que percorre a novena etapa do Camiño de Santiago desde o Barbanza

Xoves, 17 de outubro de 2024

A Concellaría de Promoción da Saúde, dentro do programa municipal de Andainas Saudables, organiza un percorrido pola novena etapa do Camiño de Santiago dende o Barbanza, “A orixe”. A ruta realizarase o sábado 26 de outubro. Os participantes camiñarán arredor de 16 quilómetros, partindo desde A Picaraña ata chegar a Santiago de Compostela. Os interesados en participar poden inscribirsecubrind o este formulario ata o mércores 23 de outubro. Haberá servizo de autobuses con saída dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 9:00 horas; e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:15 horas.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción da Saúde, organiza unha nova actividade dentro do programa municipal “Andainas Saudables”. Trátase da novena etapa do Camiño de Santiago dende o Barbanza, un recorrido de 120 quilómetros que parte dende o Faro de Corrubedo e pasa por diversos lugares da ría de Arousa, atravesando cidades e pobos costeiros como Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo ata enlazar co Camiño Portugués ao chegar a Padrón.

Deste xeito, volven as andainas saudables polo Camiño de Santiago dende o Barbanza, “A orixe”. No pasado mes de setembro realizouse a oitava etapa do Camiño de Santiago dende o Barbanza, que discorreu desde o Lugar de Tallós, en Dodro, ata A Picaraña. Agora, organízase a novena etapa que discorre dende A Picaraña ata Santiago

Os participantes comezarán a ruta en A Picaraña, e percorrerán dezaseis quilómetros ata chegar a Santiago de Compostela. Recoméndase levar roupa e calzado axeitados. Hai 70 prazas dispoñibles, e as persoas interesadas en anotarse poden facelo ata o mércores 23 de outubro, ás 14:00 horas,  cubrindo o formulario dispoñible nesta ligazón ou mediante o código QR do cartaz.

Haberá servizo de autobús dende a praza do Concello de Bertamiráns (ás 9:00 horas) e dende a Casa da Cultura do Milladoiro (ás 9:15 horas). Debido á alta demanda en anteriores andainas, terán prioridade as persoas empadroadas en Ames.

Participa na andaina saudable que percorre a novena etapa do Camiño de Santiago desde o Barbanza

Multimedia

  • Participa na andaina saudable que percorre a novena etapa do Camiño de Santiago desde o Barbanza