- Tematica
Dentro da programación estival municipal, a Aula da Natureza organiza Noite de Estrelas, unha xornada para gozar da astronomía dende o alto de san Marcos. A actividade, dirixida a todos os públicos, desenvolverase o sábado 10 de agosto entre as 21:30 horas e as 00:00. As prazas son limitadas, polo que para participar é necesaria inscrición previa. Podedes anotarvos mandando un correo a auladanatureza@concellodeames.gal.
Dar un paseo polos camiños do ceo e aprender a recoñecer o que vemos, ese é o obxectivo da Noite de estrelas, unha actividade que terá lugar este sábado 10 de agosto no alto do monte de san Marcos entre as 21:30 e as 00:00 horas. Os asistentes, guiados polo experto astrónomo Antón Bouzas, achegaranse á lúa, ás galaxias, ás constelacións e poderán descubrir planetas como Venus, Saturno ou Xupiter. Así mesmo, coñecerán as diferentes disciplinas da astronomía, como a observación práctica, cultos e mitos, calendarios, representación simbólica de eventos, etc; é dicir, achegaranse ao coñecemento das percepcións humanas do ceo e a relación con diferentes aspectos da vida social.
Recoméndase levar roupa cómoda e de abrigo, unha manta ou esterilla para deitarse no chan e unha lanterna. Ademais, desde a organización poñerán a disposición dos asistentes varios telescopios.
Para participar sairá un autobús ás 20:30 da Casa da Cultura do Milladoiro e ás 20:45 do Pazo da Peregrina ata o monte de san Marcos. Os participantes percorreran o último tramo de subida ao monte camiñando, un camiño costa arriba de 1 quilómetro.
Para inscribirse tan so hai que mandar nome completo, teléfono de contacto e lugar onde se collerá o bus ao correo auladanatureza@concellodeames.gal.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Ames programa este sábado una «Noite de Estrelas»"