Pestanas principais

Adíanse as actividades da Semana Europea da Mobilidade para os días 22, 23 e 24 de setembro

Venres, 15 de setembro de 2023

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, informa de que debido á previsión de choiva para os días 16 e 17 de setembro se adían as actividades da Semana Europea da Mobilidade. Deste xeito, o venres 22 haberá unha marcha ciclista nocturna, o sábado 23 realizaranse xogos populares, e o domingo 24 farase unha andaina pola senda verde. Os/as interesados/as en inscribirse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal. Este é a quinta edición desta iniciativa que promove a mobilidade activa, o transporte público e outros medios limpos e intelixentes.

A Semana Europea da Mobilidade (SEM) é unha campaña que leva a cabo dende o ano 2002 a Comisión Europea, co fin de promover unha mobilidade urbana sostible, animando ao cambio de hábitos a prol da mobilidade activa, o transporte público e outras solucións de transporte limpas e intelixentes. Ata o momento, case 3.000 concellos europeos se sumaron á campaña deste ano, entre eles o Concello de Ames, baixo o lema “Combina e móvete!” e a temática da eficiencia enerxética.

Debido á previsión de choiva para esta fin de semana as actividades adíanse para os días 22, 23 e 24 de setembro. Comezarase o venres 22, cunha marcha ciclista nocturna dende a praza do Concello, que comezará ás 22:00 horas. Trátase da actividade máis popular e que conta cun percorrido sinxelo e ben iluminado, duns oito quilómetros, pensado para que toda a familia poida sumarse.

O sábado, 23 de setembro, continúan as actividades co programa “Xogos sobre rodas”, unha proposta de xogos populares en bicicleta orientados á rapazada a partir de catro anos. Desenvolverase dende as 17:00 ata as 20.00 horas no aparcadoiro de Agriños, no Milladoiro (en fronte da escola infantil).

A programación péchase cunha andaina pola senda verde que une Milladoiro con Bertamiráns. Será o domingo 24 de setembro. A saída realizarase dende a igrexa de San Xosé, no Milladoiro, ás 10:00 horas. A veciñanza terá á súa disposición un bus para trasladarse dende Bertamiráns ata O Milladoiro e viceversa, unha vez rematada a actividade.

Para participar nas actividades cómpre inscribirse previamente, enviando un correo ao enderezo electrónico mobilidade@concellodeames.gal.

Novas relacionadas:

AMS GO!: "A choiva obriga a adiar as actividades da Semana da Mobilidade"

Cartaz da Semana Europea da Mobilidade

Multimedia

  • Cartaz da Semana Europea da Mobilidade