- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, preparou unha ampla oferta de actividades para a celebración do Día do Deporte que se desenvolverá na área deportiva do Milladoiro. Este venres 16 de setembro, en horario de 16.00 a 20.30 horas, os veciños e veciñas de todas as idades poderán gozar de varias actividades deportivas axeitadas a todos os gustos. Todas as persoas que participen en cinco actividades, recibirán un agasallo na carpa da organización. Haberá actividades como atletismo, tenis, patinaxe, fútbol sala, taekwondo, piragüismo, xadrez, golf e crocket, baloncesto 3x3, e judo. Tamén se fará unha exhibición de spinning e ioga. Preme nesta ligazón para descargar o programa do Día do Deporte.
O deporte é necesario. É unha actividade lúdica e mental que mellora a calidade de vida de quen o practica. Ademais, non só é beneficioso para pór en forma o corpo senón tamén para prever enfermidades como as coronarias, e incrementar a autoestima e o optimismo. Todas as persoas interesadas en realizar un deporte pero que aínda non saben por que disciplina decantarse, teñen a ocasión ideal de probar e escoller a que máis lle guste no Día do Deporte de Ames.
Este venres 16 de setembro pola tarde, na área deportiva do Milladoiro, haberá actividades como atletismo, tenis, patinaxe, fútbol sala, taekwondo, piragüismo, xadrez, golf e crocket, baloncesto 3x3, e judo. Tamén haberá unha exhibición de spinning e ioga, ambas as dúas modalidades están incluídas no programa Ponte en forma das Escolas deportivas municipais.
Ofrécese unha extensa oferta deportiva que se ofertará ao longo de catro horas e media, repartidas en horario de tarde, de 16.00 a 20.30 horas. Dende a Concellería de deportes seguen a apostar polo lema de Ames é deporte, Ames é saúde.