Pestanas principais

Participa no obradoiro “Comida de reciclaxe”, que organiza a Aula da Natureza

Mércores, 05 de xuño de 2013

[05-06-2013] Este sábado, 8 de xuño, está previsto que se realice na Aula da Natureza un obradoiro denominado “Comida de reciclaxe”, que está dirixido aos nenos/as de 7 a 16 anos. Nesta actividade vanse elaborar receitas de cociña moi orixinais empregando as sobras da comida do día anterior. Para inscribirse nesta actividade poden poñerse en contacto co Concello de Ames a través do correo electrónico auladanatureza@concellodeames.org e do número 660 004 665 ou a través do correo electrónico medioambiente@concellodeames.org e do número de teléfono 662 377 544. Este obradoiro enmárcase dentro das actividades que se organizan para conmemorar o Día Internacional do Medio Ambiente.

Para o sábado, 8 de xuño, está previsto que se realice na Aula da Natureza un obradoiro denominado “Comida de reciclaxe”, que está dirixido aos nenos/as de 7 a 16 anos. Para esta actividade ofértanse 30 prazas. Nesta actividade vanse elaborar receitas de cociña moi orixinais empregando as sobras da comida do día anterior. Esta actividade está relacionada co lema deste ano do Día Internacional do Medio Ambiente, Pensa. Aliméntate. Aforra, que pretende reducir os refugallos e a perda de alimentos. O obradoiro desenvolverase en horario de 11:00 h a 13:30 horas.

Todas os rapaces e rapazas que desexen participar neste obradoiro terán que inscribirse antes do venres 7 de xuño, ás 14:00 horas. Para inscribirse nesta actividade teñen que enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.org ou chamar ao número de teléfono 660 004 665. Outra opción é enviar un correo electrónico ao enderezo medioambiente@concellodeames.org ou chamar ao número de teléfono 662 377 544.