- Tematica
Ao longo de marzo, o mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrou un ciclo de charlas sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en hábitos saudables e do ámbito da saúde. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M, e están organizadas dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade e coa colaboración do Centro de Información á Muller (CIM) de Ames. Ditas conferencias desenvólvense na Casa dos Maiores de Bertamiráns.
Estes coloquios estanse impartindo en Bertamiráns, na Casa dos Maiores, sempre ás 18:30 horas. O adestrador de BJ trainers & Co, Pablo Fernández, será o encargado de impartir a terceira e última charla do ciclo, baixo o título “Exercicios en mulleres maiores”, este mércores día 20 de marzo.
O obxectivo desta conferencia é concienciar sobre a importancia da actividade física entre a poboación adulta, especialmente entre as mulleres. Así, trataranse algúns dos beneficios do deporte, tanto a nivel físico como mental, e expoñeranse algunhas enfermidades que poden previrse a través da actividade física. Ademais, establecerase un diálogo coas participantes no que se ofreceran recomendacións específicas para a práctica semanal de actividade física para ter un estilo de vida saudable. Finalemte, o coloquio pecharase cun caso práctico sobre exercicios recomendables para mulleres adultas.
As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M, e están financiadas polo Pacto de Estado contra la Violencia de Género do Ministerio de Igualdad, e contan coa colaboración do departamento de Benestar Social e do Centro de Información á Muller (CIM) de Ames.