Pestanas principais

Peche da circulación de vehículos no contorno da rúa Anxeriz

Mércores, 21 de agosto de 2013

[21-08-2013] A execución das obras de reparación do cruce da rúa Anxeriz coa rúa Pardiñeiros impedirá a circulación de vehículos dende o mércores 28 de agosto de 2013, ás 08:00 horas, ata o remate da actuación prevista para o luns 2 de setembro de 2013, ás 20:00 horas. Deste xeito non se poderá acceder ás rúas de Anxeriz e Pardiñeiros dende a avenida Rosalía de Castro, a rúa Cruxa, a rúa Agro do Medio e a rúa Raxoeira. Quedará sinalizado o acceso exclusivo aos propietarios dos garaxes que viven nesta zona. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Vías e Obras, pide desculpas polas molestias que poidan ocasionar estas obras. Picando no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o aviso e un mapa indicando os puntos nos que estará cortada a circulación de vehículos.