[22-08-2014] Os veciños e veciñas da parroquia de Piñeiro celebran as súas festas patronais durante o sábado 23, o domingo 24 e o luns 25 de agosto. Durante estes tres días haberá varios actos litúrxicos na honra da Virxe do Carme, de San Mamede e de San Roque. Ademais, o domingo 24 de agosto, celebráranse varias comuñóns.
Durante os días 23, 24 e 25 de agosto celébranse na parroquia de Piñeiro as festas na honra da Virxe do Carme, de San Mamede e de San Roque, unha festividade que se organiza cada ano nesta localidade amiense. Este ano, ao non haber comisión de festas, só haberá varios actos litúrxicos.
Deste xeito, o sábado, 23 de agosto, celebrarase unha misa rezada ás 9:00 horas e outra misa cantada ás 13:00 horas. O día seguinte, o domingo 24, volverá haber unha misa rezada ás 9:00 horas e outra misa cantada, pero neste caso ás 13:30 horas. O último día das festas, o luns 25, tan só haberá unha misa cantada ás 13:00 horas. Ademais, o domingo, 24 de agosto, celebráranse varias comuñóns.