O salón de plenos da Casa do Concello acolleu este martes, 8 de outubro, pola mañá, unha xuntanza de coordinación para resolver posibles incidencias pola borrasca Kirk. En dito encontro participaron membros do Goberno municipal e persoal da Policía Local, Protección Civil, Brigada de obras, Augas de Ames e Urbaser. Centraranse todos os avisos nos axentes da Policía Local, que serán os que coordinen ao resto de departamentos durante estes dous días. Para calquera aviso pódese chamar ao número de teléfono 619 76 75 75 da Policía Local ou ao 112.
O centro da borrasca Kirk pasará moi preto de Galicia na vindeira madrugada. Provocará temporal marítimo, ventos moi fortes e precipitacións localmente intensas. A súa máxima aproximación está prevista para as 9.00 da mañá do mércores. Recoméndase ter precaución co vento e coa chuvia forte que deixará ata a media tarde do mércores.
Para resolver posibles incidencias que provoque a borrasca, esta mañá realizouse unha xuntanza de coordinación na que participaron o alcalde, Blas García; o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto; o concelleiro de Persoal, Víctor Fernández; así como membros da Policía Local, Protección Civil, Brigada de obras, Augas de Ames e Urbaser (empresa de limpeza viaria que presta servizo en Ames). Centraranse todos os avisos nos axentes da Policía Local, que serán os que coordinen ao resto de departamentos durante estes dous días.
Para calquera aviso pódese chamar ao número de teléfono 619 76 75 75 da Policía Local ou ao 112. Premendo nesta ligazón de Meteogalicia podes obter máis información sobre o paso da borrasca Kirk por Galicia.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "La Policía Local de Ames se prepara para la llegada de la borrasca Kirk"