Pestanas principais

Posible avistamento de serpes no paseo fluvial de Bertamiráns

Venres, 21 de abril de 2017

[21-04-2017] Dende a Concellaría de Medio Ambinete informan de que nesta época do ano adoitamos atopar un número importante de serpes no paseo fluvial de Bertamiráns. Despois de consultar co axente territorial da zona pertencente a Consellaría de Medio Ambiente identificáronse como Natrix.

O xénero Natrix é inofensivo e atópase na relación de especies incluídas no Listado de Especies Silvestres no réximen de Protección Especial e Catálogo de Especies Ameazadas, polo que non se poden danar.

En concreto a culebra viperina (Natrix maura) adquire este nome polo seu parecido a unha víbora en forma e color. Non é venenosa, aínda que adopta unha postura defensiva imitando o ataque das víboras se se lles molesta.