- Tematica
O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, vén de organizar unha xornada para celebrar o Día Internacional do Medio Ambiente. As actividades comezarán ás 10.00 cunha ruta polo Val do Pasos. Para inscribirse débese enviar a un email a auladanatureza@concellodeames.gal. Durante todo o sábado haberá unha actividade de piragüismo, xogos tradicionais e unha gran xincana. Ademais, levarase a cabo un encontro intercultural entre a veciñanza de Ames e unha solta de alevís de troitas no río Tambre como acto conmemorativo. Durante toda a xornada estarán abertas as mostras de maquinaria e plantas forestais. A xornada rematará ás 18.00 cunha actuación musical. Para máis información, pódese enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal ou chamando ao 660 004 665.
Para conmemorar o Día Internacional do Medio Ambiente, o vindeiro sábado 5 de xuño, A Aula da Natureza do Concello de Ames organizará unha festa con actividades relacionadas coa natureza.
As actividades comezarán ás 10.00 horas cunha ruta ambiental polo Val do Pasos, dende Bertamiráns ata Tapia. A camiñata, de dificultade media, é de 9 quilómetros. Para inscribirse débese enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. O punto de encontro será a Praza do Concello pero haberá a disposición un autobús dende a Casa da Cultura do Milladoiro, con saída ás 09.45 horas.
As actividades comezarán cunha xornada de portas abertas de piragüismo na Pravia Fluvial de Tapia. A ruta, que se desenvolverá de 11.00 a 13.00 horas, está dirixida aos nenos/as maiores de 7 anos que saiban nadar. Precísase levar traxe de baño, chinelas e camiseta. Para inscribirse débese enviar un email a info@ribeirasdotambre.es
Á 13.30 entregaranse os premios do concurso fotográfico Enfoca Ames. Esta iniciativa, da Xuntanza de Empresarios de Ames en colaboración co Concello de Ames, pretende fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames fotografiando o seu patrimonio natural, artístico e/ou cultural.
De 14.00 a 16.00 horas, os veciños e veciñas de Ames poderán compartir experiencias e pensamentos nun encontro intercultural achegando diferentes culturas e tradicións.
Mentres, a xornada continúa ás 15.00 horas con xogos tradicionais e, de 16.00 a 17.30 horas, haberá unha demostración do uso da maquinaria forestal no Campo de Fútbol de Tapia.
Tamén nesa franxa horaria, todo/as o/as visitantes, de todas as idades, poderán participar nunha Gran Xincana Ambiental. Deberanse inscribir no propio día.
A Aula da Natureza, como acto conmemorativo do Día Internacional do Medio Ambiente, realizará unha solta de alevíns de troita no río Tambre ás 17.30 horas.
Durante todo o sábado, estarán abertas as mostras de maquinaria e plantas forestais.
A xornada pecharase cunha actuación musical.
Patricia Reboreda, técnica de Medio Ambiente e responsable da Aula da Natureza, convida a todos os veciños e veciñas a achegarse á Festa da Natureza. “É un día moir importante e todos e todas podemos aprender a como colaborar co Medio Ambiente e, para prender a como facelo, pódense achegar a Tapia. Trátase dun programa adpatado a todos os gustos e a todas as idades. Ademais, estamos moi contentos coa participación no concurso de fotografía Enfoca Ames, no que compiten 70 fotos. Realizarase a entrega de premios tamén ese día, sábado 5 de xuño”.
Pódese solicitar información enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal ou chamando ao 660 004 665.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Festexan o Día do Medio na Aula da Natureza o sábado"
Revista AmesGo: "Ames celebra o Día Mundial do Medio Ambiente cunha xornada para toda a veciñanza en Tapia"