Pestanas principais

A praza de Manuel Murguía acolle este xoves, 16 de xullo, o espectáculo infantil “Danzamos No Verán!!!”

Martes, 14 de xullo de 2020

O espectáculo musical infantil “Danzamos No Verán!!!” está programado para este xoves, 16 de xullo, na praza de Manuel Murguía do Milladoiro. A Banda do Verán presentará este espectáculo tan completo que conta con música en directo, danza e elementos teatrais e de clown. O acto encóntrase na programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña, e ten un aforo limitado de 100 persoas.

Esta semana continúa a programación cultural do Concello de Ames cun espectáculo a cargo da A Banda do verán. Dita programación retoume o pasado 25 de xuño co espectáculo “Mozart á Galega” que se desenvolveu no Pazo da Peregrina. Tamén no Pazo da Peregrina se realizou o Ames Jazz 2020 o pasado 4 de xullo. Agora, O Milladoiro acollerá o espectáculo “Danzamos No Verán!!!”.

Trátase dun espectáculo que se caracteriza por facilitar a participación activa e constante do público asistente, e por contar cunha banda de gran experiencia en proxectos infantís e xuvenís. Unha viaxe musical dende que soa o derradeiro timbre do colexio en xuño ata o primeiro de setembro.

Os artistas do espectáculo son Xoán Curiel na voz, guitarra e ukelele, Jara Ortiz con outra voz, Carlos Freire á batería, Antón Fernández (Torroncho) co baixo eléctrico, Alex Salgueiro en teclados e programación e Pía Nicoletti como bailarina.

O espectáculo nace dun disco-libro editado pola editorial Galaxia, Estamos No Verán!!!, que nos narra as aventuras duns rapaces na época estival, que atopan unha creativa maneira de pasar o tempo formando un grupo musical. As músicas son de Xoán Curiel e os textos de Charo Pita.

Despois de ser premiados nos pasados Premios Martín Codax (2019), A Banda do Verán e tamén recoñecida neste ano 2020 co Premio Frei Martín Sarmiento que fallan os propios escolares. Ademais, “Estamos no verán!!!” foi nomeado no ano 2013 a Mellor Álbum en Lingua Galega nos Premios da Música Independente.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "O Milladoiro acolle un espectáculo que anima aos nenos a participar"

Lindeiros: "Danzamos No Verán!!! chega a Ames"

La Voz der Galicia: "El AmesON arranca con Xoán Curiel y teatro en los escaparates"

Lindeiros: "O espectáculo musical infantil “Danzamos No Verán!!!” chega o próximo xoves, 16 de xullo, a Praza de Manuel Murguía do Milladoiro, en Ames."

Cartaz Danzamos no verán

Multimedia

  • Cartaz