Pestanas principais

A praza do Concello, en Bertamiráns, acolle este sábado o tradicional acto de acendido do alumeado de Nadal

Venres, 08 de decembro de 2023

Este sábado, 9 de decembro, ás 18.00 horas, na praza do Concello, en Bertamiráns, está previsto que se celebre o tradicional acto de acendido das luces de Nadal. Actuarán o combo da Escola Municipal de Música de Ames, o coro Voces da Maía e mailo coro Elelas. Ademais, haberá unha degustación gratuíta de chocolate con churros. Un representante do coro Voces da Maía e outro do coro Elelas serán os encargados de premer o botón de acendido do alumeado. As luces de Nadal estarán acendidas en horario de 18.00 a 02.00 horas dende este sábado, 9 de decembro, ata o día 6 de xaneiro (incluído).

A programación de Nadal do Concello de Ames arranca este sábado, 9 de decembro, co tradicional acto de acendido das luces de Nadal, que se levará a cabo na praza do Concello, en Bertamiráns, a partir das 18.00 horas. O acto contará coa actuación do combo da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), do coro Voces da Maía e mailo coro Elelas. Ademais, os asistentes poderán desfrutar coa tradicional degustación de chocolate con churros. Ese ano os/as encargados de premer o botón de acendido do alumeado de Nadal serán un representante do coro Voces da Maía e outro do coro Elelas.

Instaláronse máis de 140 elementos decorativos para iluminar prazas e rúas por todo o concello. En cada parroquia do rural colocouse como mínimo un elemento decorativo. Entre ditos elementos hai máis de 100 arcos decorativos e outros elementos decorativos como unha árbore artificial iluminada de 15,5 metros na zona de estacionamento da rúa Agro do Medio, no Milladoiro, onde se atopa o SuperCor; e unha bola xigante de 5,5 metros de diámetro na praza da Madalena, tamén no Milladoiro.

Ademais, colocouse unha “A tridimensional” de Ames de 2,5 metros de alto na praza do Concello; e un motivo luminoso co número 2024 de dous metros de alto na praza da Maía, en Bertamiráns. Tamén se instalou unha manta de luces que se colocou como se fose un teito de luces na rúa Anxeriz do Milladoiro. Este ano como novidade colocáronse diferentes elementos decorativos, elaborados con material de refugallo, na entrada do parque empresarial do Milladoiro.  

As rúas que disporán de decoración son aquelas que concentran un maior número de paseantes, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns. As prazas, os farois e as fachadas dos principais edificios municipais engalanaranse tamén para as festas. Así mesmo, as persoas que visiten os principais núcleos urbanos serán recibidas e despedidas con mensaxes de Boas Festas, que se situarán nas entradas e saídas dos principais tramos municipais.

O alumeado permanecerá acendido en horario de 18.00 a 02.00 horas dende este sábado, 9 de decembro, ata o día 6 de xaneiro (incluído).

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Santa Comba enciende su Navidad y hoy le siguen Ames y el pequeño Vigo"

La Voz de Galicia: "Ames celebra la Navidad con luces, música intergeneracional y una chocolatada"

Cartaz do acendido de Nadal

Multimedia

  • Cartaz do acendido de Nadal