Pestanas principais

Preséntase a campaña comercial "Este outono caen premios"

Luns, 30 de setembro de 2013

[30-09-2013] Este luns, 30 de setembro, o salón de plenos da Casa do Concello acolleu o acto de presentación da campaña de dinamización do comercio local "Este outono caen premios". Neste acto estiveron presentes o concelleiro de Comercio e Promoción Económica, Bernardo Moar, o secretario da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro, Juan José Fernández, o presidente da Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, Juan Carlos Zaera, a técnica da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro, Salome Blanco, e o presidente da Asociación de Pequenos Comerciantes Viorneira, Palmira Bulebar, José Manuel Fernández. Nesta iniciativa, que se desenvolverá entre o 1 e o 31 de outubro, participan máis de 70 establecementos pertencentes as 4 asociacións comerciais que existen no concello neste momento. Sortearanse tres vales por valor de 500 euros. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases desta campaña comercial.

Sorteo de tres vales de 500 euros
O sorteo será público e realizarase a partir do día 4 de novembro. Haberá tres números premiados, pero tamén se sacarán dous números suplentes por se os portadores dos números premiados non aparecesen. Os tres números gañadores e os números suplentes faranse públicos a través da web municipal www.concellodeames.org. As persoas agraciadas disporán dun prazo de 10 días naturais para recoller os seus respectivos vales de compra na Casa do Concello (departamento de Comercio e Promoción Económica). Se transcorridos os 10 días de prazo non aparece gañador ou gañadora, anularase ese número e pasarase ao primeiro número suplente. No caso de que tampouco ninguén reclame o premio pasaríase ao segundo número suplente.

Os vales de compra terán un valor máximo de 500 euros cada un, e darán dereito a consumir en calquera dos establecementos participantes na campaña. As compras deberán ser realizadas sempre polos titulares dos vales, que disporán do prazo dun mes a partir da data de entrega. As persoas agraciadas deberán gastar os 500 euros de compra nun mínimo de 5 establecementos diferentes, sen que quede establecida unha contía mínima para cada compra realizada.

Para calquera aclaración ou consulta sobre o desenvolvemento desta campaña, poden poñerse en contacto co persoal da Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo no teléfono 981 883 002 ou no correo electrónico guiadecompras@concellodeames.org.

As asociacións de comerciantes e o Concello de Ames unen forzas para dinamizar o comercio amiense durante este outono. Entre os días 1 e 31 de outubro desenvolverase a campaña comercial 'Este Outono caen premios'. Nesta iniciativa participarán máis de 70 establecementos pertencentes a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns (ACB), a Asociación de Empresarios e Profesionais do Milladoiro (AEMI), a Asociación de Pequenos Comerciantes Viorneira, Palmira, Bulevar e a Asociación Empresarial Polígono Novo Milladoiro.

O concelleiro de Comercio e Promoción Económica, Bernardo Moar, destacou que “esta iniciativa pretende promocionar e dinamizar o comercio asociado aproveitando o cambio de estación, así como crear dinámicas de colaboración e traballo conxunto entre as catro asociacións comerciais existentes na actualidade no termo municipal de Ames”.

Cada comercio participante nesta campaña comercial repartirá entre a súa clientela un total de 200 rifas. Non haberá un importe mínimo de compra para conseguir unha rifa. Estes boletos darán dereito a participar nun sorteo de 3 vales de compra por valor de 500 euros cada un. A través deste sorteo intentarase que a veciñanza amiense acuda aos comercios locais para realizar as súas compras. Ademais, os comerciantes participantes nesta iniciativa poderán realizar os descontos, ofertas, promocións, etc., así como desenvolver as actividades de dinamización e promoción dos seus establecementos que consideren oportunos.

Por outra banda, o Concello de Ames levará a cabo outro tipo de accións e actividades, encamiñadas tanto a favorecer a conciliación da vida laboral e familiar así como a dinamización dos núcleos de Bertamiráns e do Milladoiro.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Setenta comercios de Ames se unen en una campaña de ventas para el otoño"
El Correo Gallego: "Os comerciantes de Ames rifan vales de compra de 500 € na nova campaña"