- Tematica
A Concellaría de Promoción Económica do Concello de Ames inicia a segunda fase da campaña de tarxetas bono Merc@mes o 15 de setembro e alongarase até o 15 de novembro de 2021. Calquera persoa, residente ou non, no concello de Ames, pode adquirir os bonos que se poñerán a venda a partir do mesmo día 15 de setembro en Bertamiráns e no Milladoiro, tan só presentando o DNI que o acredite como maior de 18 anos. 207 establecementos adheríronse á esta campaña coa que se pretende valorizar e impulsar as compras no comercio local. A relación dos establecementos adheridos será publicada na páxina web municipal e na páxina web da entidade colaboradora, XEA. O Concello de Ames invirte 92.000 euros en axudas directas a adquisición de bonos para incentivar as compras nos establecementos comerciais do Concello nesta segunda fase da campaña. Esta contía inclúese no programa Ames Progresa que se aprobou no pleno ordinario do mes de xullo. As persoas poden consultar o saldo que teñen dispoñible nas tarxetas premendo nesta ligazón.
Esta mañá presentouse no Salón de Plenos do Concello de Ames a campaña de tarxetas-bono Reactiva Ames. Ao acto asistiron Ana Belén Paz, concelleira de Promoción Económica, Blas García, alcalde de Ames, Jorge Couñago, técnico de Promoción Ecónomica e o Jorge López, presidente de XEA.
As tarxetas-bono son tarxeta prepago a través da cal o Concello de Ames poñerá ao dispor das persoas beneficiarias unha axuda igual ao 40% do valor da mesma. O Concello de Ames nesta segunda fase da campaña poñerá ao dispor dos beneficiarios, a través da entidade colaboradora, un total de 2.800 tarxetas que funcionarán como unha tarxeta visa prepago, con banda magnética, sen chip nin PIN (anónimas).
O Concello de Ames cofinanciará dous tipos de tarxeta-bono Reactiva Ames:
1.000 tarxetas Reactiva Ames por valor de 50 euros. Do valor total da tarxeta o Concello de Ames achegará 20 euros e a persoa beneficiaria achegará 30 euros.
1.800 tarxetas Reactiva Ames de 100 euros. Do valor total da tarxeta o Concello de Ames achegará 40 euros e a persoa beneficiaria achegará 60 euros.
O Concello aporta o 40% do valor dos bonos
O Concello de Ames destina a esta segunda fase a cantidade de 100.400 euros, dos que 92.000 euros son axudas directas á adquisición de bonos e os 8.400 euros restantes destínanse a sufragar os custos que supón a adquisición das tarxetas-bono. A achega municipal supón un 40% do saldo de cada tarxeta como medida de apoio ao comercio local. A axuda de 100.400 euros que dará o Concello ás asociacións de comerciantes permitirá poñer en movemento 230.000 euros para gastos directos no comercio local, que sumados aos 200.000 da campaña anterior suman unha cifra de 430.000 € de volume de negocio.
Poderase mercar unha tarxeta bono de cada tipo
A axuda do Concello de Ames é igual ao 40% do valor da tarxeta-bono solicitada pola persoa beneficiaria. Cada persoa poderá solicitar e adquirir un máximo de 1 tarxeta-bono de cada tipo; é dicir, cada persoa poderá adquirir como máximo unha tarxeta bono de 50 € e unha tarxeta bono de 100 euros. As persoas que na primeira fase da campaña colleran unha soa poderán coller a outra . As persoas que teñan tanto unha tarxeta de 50 coma de 100, non poderán coller novas tarxetas. Lémbrase ás persoas solicitantes que non tiren as tarxetas xa que poderán reutilizalas nas próximas campañas.
Como obter as tarxetas bono
A concellaría de Promoción Económica, poñerá a venda as tarxetas bono a partir do 15 de Setembro, data en que comeza a campaña. Calquera persoa maior de idade – non ten porque ser residente no concello de Ames- pode adquirila, presentando o D.N.I que o acredite como maior de 18 anos. As tarxetas bono poñeranse á venda na Casa da Cultura de Bertamiráns en horario de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30. No Milladoiro poderanse adquirir polas mañás, entre as 11:00 e as 13:30 no local da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro, na rúa Palmeira 19. Polas tardes venderanse na rúa Viorneira 1, no local da Asociación Palmira Boulevard entre as 17:00 e as 19:30 horas.
Plan Ames Progresa
A sesión do pleno ordinario do mes de xullo aprobou o Plan Ames Progresa, un ambicioso plan de choque destinado a reactivar a economía amesá e que foi aprobado por unanimidade polo pleno municipal.
O Plan Ames Progresa busca, entre outros obxectivos, impulsar, reforzar, dinamizar e reactivar o sector do comercio, e dentro deste plan destínanse 100.000 € á segunda fase da campaña de tarxetas bono Merc@mes.
Ana Belén Paz, concelleira de Promoción Económica, asegurou que: "Empezamos a segunda fase do Plan Merc@mes cun días de retraso pero por unha boa causa. O Goberno de Ames aprobou o Plan Progresa no cal vai unha partida das novas tarxetas da segunda fase. Entre a primeira fase do Plan xunto con esta segunda quedan, póñense en movemento un total de 430 mil euros no comercio local. Quero agradecer ás tres asociacións de empresarios que temos no Concello por volver a colaborar na venta das tarxetas e apoiar ao comercio e a hostalaría local."
Blas García, alcalde de Ames, afirmou que: "Quero destacar o esforzo que fai este goberno por esta campaña que forma parte do Plan de Reactivación e o Plan Ames Progresa. Nesta corporación, nos temas que son verdaderamente importantes e benefician á cidadanía, estamos tendo cohesión e unidade. É unha aposta importante a que estamos facendo incrementadio a cantidade orzamentaria. Con esta iniciativa buscábamos axudar, no seu momento, apoiar ao comercio e a hostalaría, e así se consegiu cos datos que temos da primeira fase. Por eso decidimos aumentar a cantidade e seguir apoiandóos nunha situación que, aínda que mudou algo, segue a ser necesario botar unha man.
García engadiu que: "Indirectamente tamén estamos axudando a moitos veciños e veciñas de Ames e de concellos limítrofes xa que, todo aquel que quiera comprar en Ames pode facelo cunha axuda do Concello. É de resaltar o bo traballo e a importancia que ten para este Concello o comercio, hostalaría e as pequenas empresas que temos aquí. Quero agradecer o traballo das asociacións e a súa colaboracion dende o primeiro momento, así como do persoal municipal que pon en marcha estas tarxetas e á colaboración de Protección Civil para que se respeten as medidas sanitarias, como xa fixeron na primeira fase. Tamén pór en valor o traballo da concelleira de Promoción Económica.
Jorge López, presidente de Xea, agradeceu esta inicitiva: "É un proposta que nos beneficiou moito, tanto a empresarios como á clientela. O balance da primeira etapa foi moi positivo e esperamos que esta sexa aínda mellor. Houbo moita xente que non esgotou o saldo das tarxetas para esta fase. A xente destacou o bo funcionamento á hora de facerse coas tarxetas, quedamos moi satisfeitos".
Novas relacionadas
La Voz de Galicia: "Ames inicia la segunda fase de los bonos para comprar en 207 comercios con rebajas del 40%"
El Correo Gallego: "Ponen a la venta casi tres mil tarjetas Mercames con descuentos en el comercio local"
Revista AmesGO: "En marcha a segunda fase da campaña de tarxetas bono Merc@mes"