- Tematica
O pasado 1 de outubro deu comezo un novo curso das Escolas deportivas municipais, nas que preto de 1.700 veciños e veciñas de Ames participan en 18 actividades, que se enmarcan nos programas de Formación deportiva e Ponte en forma. Este curso as actividades que teñen maior participación son pilates con 340 participantes, patinaxe con 202 e aerozumba con 158. Na actualidade, hai 1.670 usuarios/as inscritos, pero dende o departamento de Deportes agardan que esta cifra se incremente ata polo menos os 1.700 participantes, porque aínda se están tramitando inscricións nas prazas que quedaron libres. Deste xeito, a Concellaría de Deportes mantén aberto o prazo para anotarse nas prazas libres das Escolas deportivas municipais 2024/2025. As persoas interesadas poden xestionar a matrícula de xeito telemático a través da plataforma Cronos, no módulo “inscrición en clases”.
As Escolas deportivas municipais ofertan na modalidade de Formación deportiva: baile moderno; baloncesto; fútbol sala feminino; fútbol sala mixto; judo; natación; patinaxe; predeporte; tenis; voleibol; e xadrez. Os maiores de 14 anos participan nas actividades do programa Ponte en forma, que inclúe ximnasia rítmica; adestramento funcional; aerozumba; ioga; pilates; ximnasia de mantemento; e spinning, abdominais e glúteos.
Nestas 18 actividades participan na actualidade 1.670 persoas. Na modalidade de Ponte en forma, dirixida a persoas maiores de 14 anos, participan 927 usuarios/as, distribuídos do seguinte xeito: en adestramento funcional hai 40 usuarios/as; aerozumba conta con 158 usuarios/as; ioga ten 109 usuarios/as; pilates conta con 340 usuarios/as; en spinning, abdominais e glúteos hai 125 usuarios/as; ximnasia de mantemento ten 92 usuarios/as; e ximnasia rítmica conta con 63 usuarios/as.
Por outra banda, na modalidade de Formación deportiva están inscritos 743 nenos e nenas menores de 14 anos. En baile moderno hai 50 usuarios/as; baloncesto ten 125 usuarios/as; fútbol sala feminino dispón de 25 usuarios/as; en fútbol sala mixto hai 69 usuarios/as; judo ten 60 usuarios/as; natación conta con 24 usuarios/as; en patinaxe hai 202 usuarios/as; predeporte ten 35 usuarios/as; tenis conta 82 usuarios/as; en voleibol hai 32 usuarios/as; e xadrez ten 39 usuarios/as.
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, destaca a importancia da práctica deportiva para a saúde física e metal da veciñanza amesá. “Dende a Concellería de Deportes queremos que a práctica do deporte forme parte da vida diaria de todas as persoas, xa que é unha forma de adquirir hábitos saudables e fomentar valores tan importantes como a deportividade, a tolerancia e o respecto”.
Inscrición nas prazas libres
Dende o departamento de Deportes agardan que a cifra de participantes nas Escolas deportivas municipais se incremente ata polo menos os 1.700 participantes, porque aínda se están tramitando inscricións nas prazas que quedaron libres. Deste xeito, a Concellaría de Deportes mantén aberto o prazo para anotarse nas prazas libres das Escolas deportivas municipais 2024/2025. Premendo nesta ligazón pódese consultar o folleto coa oferta de actividades das Escolas deportivas.
As persoas interesadas poden xestionar a matrícula de xeito telemático a través da plataforma Cronos, no módulo “inscrición en clases”. Nesta ligazón atoparás as istrucións da plataforma Cronos.
Unha vez que, habendo prazas libres, se obtivera praza na plataforma, deberá xestionarse o pagamento solicitando a folla de autoliquidación nas Oficinas de Recadación. Este trámite poderá realizarse a través do correo electrónico ames@canaltributos.com, chamando ao número de teléfono 981 88 48 96 ou realizar a autoliquidación a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello (non precisa certificado electrónico) premendo na opción de “pagar taxas”. Outra opción é acudir de xeito presencial ás oficinas da praza Horta de Abaixo, número 6, en Bertamiráns; ou na rúa Viorneira, número 6, no Milladoiro.
Unha vez feita a autoliquidación non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este se recibe automaticamente. Realizados ámbolos dous pasos (inscrición en Cronos e trámite de pagamento) xa se poderá asistir á clase, xa que a inscrición queda correctamente feita. Se non se realiza o pagamento no prazo de 3 días, a inscrición quedará anulada.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Ames pone en forma a 1.670 personas con 18 actividades deportivas"