- Tematica
O Concello de Ames oferta para este verán un amplo abano de programas e actividades para os nenos/as e mozos/as co obxectivo de que se manteñan entretidos e se divirtan durante a época estival na que non hai actividade académica. Con estes programas preténdese axudar ás familias amesás a compatibilizar a vida laboral e a familiar. Dentro dos programas lúdicos realízanse o Xuño Lúdico, a Escola de Verán e mailo Setembro Lúdico, nos que hai inscritos 1.278 usuarios/as. Non se contabilizan os usuarios/as do Setembro Lúdico debido a que na actualidade está aberto o prazo de inscrición para este programa. Nos campamentos municipais de verán hai inscritos 490 nenos/as e mozos/as. Cubríronse o 98% das 500 prazas ofertadas. Ademais, este ano, como novidade, púxose en marcha o programa de conciliación dirixido á mocidade con diversidade no que hai 12 usuarios/as. En total, contabilízanse 1.780 usuarios/as nestes programas, a falta da participación no Setembro Lúdico.
O Concello de Ames, a través das Concellaría de Educación, Medio Ambiente, Mocidade e Benestar Social, está desenvolvendo durante este verán diversos programas de conciliación que lles permiten ás familias compatibilizar a vida laboral e a familiar. Ademais, o obxectivo desta programación é proporcionar unha oferta lúdica e formativa de desenvolvemento persoal que busca proporcionar aos nenos/as e mozos/as as ferramentas precisas para lograr a súa autonomía e independencia, así como fomentar a convivencia, a cooperación, o respecto. Ademais, facilitan o contacto co medio rural, o deporte e a cultura.
Dentro dos programas lúdicos realízanse o Xuño Lúdico, a Escola de Verán e mailo Setembro Lúdico, nos que hai inscritos 1.278 usuarios/as. Non se contabilizan os usuarios/as do Setembro Lúdico debido a que na actualidade está aberto o prazo de inscrición para este programa que se desenvolverá os días 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de setembro. Nos campamentos municipais de verán hai inscritos 490 nenos/as e mozos/as (380 nos campamentos de verán de infantil e primaria e 110 nos campamentos de educación secundaria e bacharelato). Ademais, este ano, como novidade, púxose en marcha o programa de conciliación dirixido á mocidade con diversidade no que hai 12 usuarios/as.
Programas lúdicos
Os programas lúdicos son unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar dos veciños e veciñas de Ames durante o período non lectivo das vacacións de verán, comprendido entre o 24 de xuño e mailo 10 de setembro. O servizo ofrece unha ampla oferta de actividades dirixidas a fomentar a convivencia, a tolerancia e a integración dos rapaces e rapazas.
Este ano no Xuño Lúdico, que se desenvolveu os días 24, 25, 26, 27 e 28 de xuño, participaron196 nenas e nenos, repartidos do seguinte xeito: 116 no CEIP da Maía, de Bertamiráns; e 80 no CEP de Ventín. Nesta edición do programa, os cativos e cativas aprenderon sobre o deporte e a igualdade e traballaron aspectos como os beneficios que aportan o deporte ou a necesidade de poñer as gafas violetas en todos os aspectos da vida cotiá.
A Escola de Verán comezou o pasado luns, 1 de xullo, e desenvolverase ata o venres 30 de agosto. Este programa desenvólvese no CEIP da Maía, en Bertamiráns, e na EEI Milladoiro e no CEP de Ventín, no Milladoiro. A proposta para a Escola de Verán deste ano 2024, é convidar aos nenos e nenas a que deixen voar a súa creatividade e imaxinación para mergullarse nunha aventura única; onde poderán explorar diferentes épocas históricas (e así coñecer diferentes culturas, costumes e formas de vida) e imaxinar, por que non? Tamén como será o futuro.
Nesta edición da Escola de Verán hai unha gran participación. O número total de usuarios/as é de 1.082, aínda que hai que ter en conta que moitos dos nenos e nenas repiten participación en varias quincenas do programa. A participación divídese por quincenas. Deste xeito durante a primeira quincena do mes de xullo participan 386 usuarios/as: 236 no CEIP A Maía, 68 na EEI Milladoiro, e 82 no CEP de Ventín. Na segunda quincena de xullo hai unha participación de 328 usuarios/as: 194 no CEIP A Maía, 64 na EEI Milladoiro, e 70 no CEP de Ventín. En total en xullo hai 714 inscricións feitas tendo en conta as dúas quincenas.
No que se refire ao mes de agosto, hai 368 inscricións feitas tendo en conta tamén as dúas quincenas. Durante a primeira quincena do mes de agosto participan 197 usuarios/as: 100 no CEIP A Maía, 43 na EEI Milladoiro, e 54 no CEP de Ventín. Na segunda quincena de agosto hai unha participación de 171 usuarios/as: 85 no CEIP A Maía, 35 na EEI Milladoiro, e 51 no CEP de Ventín. As inscricións do mes de agosto son provisionais porque hai familias que aínda poden darse de baixa. Teñen que facelo con 5 días antes de antelación ao comezo do servizo.
Por último, o Setembro Lúdico desenvólvese os días 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de setembro. O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de xullo. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
Campamentos municipais de verán
O Concello de Ames ofrece unha ampla programación municipal de campamentos para este verán. A través desta programa ofertáronse 500 prazas repartidas entre 13 campamentos con estadía nocturna, que se desenvolven en distintas datas entre o 23 de xuño e o 2 de setembro. Ademais, organizáronse dúas quendas para participar no campamento urbano da Aula da Natureza, entre o 1 e o 26 de xullo. Este ano cubríronse o 98% das prazas ofertadas, con 490 usuarios/as inscritos/as das 500 prazas existentes.
A Concellaría de Medio Ambiente, a través da Aula da Natureza, ofrece 10 campamentos para rapaces e rapazas de educación infantil e primaría, nos que participan total de 380 usuarios/as. Deste xeito, 12 nenos e nenas de 5º e 6º de educación infantil participan no campamento da granxa escola de Bergando (Negreira), entre o 4 e 6 de xullo. A este mesma granxa escola de Bergando acudiron 16 rapaces e rapazas de 1º de primaria, entre o 1 e o 3 de xullo.
Por outra banda, 40 nenos e nenas de 2º de primaria poderán gozar dunhas xornadas na granxa-escola Corazón de Carballo (Tomiño), do 22 ao 24 de xullo. Para ese campamento había 35 prazas dispoñibles e ampliouse a 40 usuarios/as. Ademais, 31 rapaces e rapazas de 3º de primaria viaxarán ata a granxa escola El Kiriko (Fornelos de Montes) do 14 ao 17 de xullo.
Xa no segundo ciclo de primaria, 48 rapaces e rapazas de 4º de primaria participaron no campamento Alvarella (Fragas do Eume), do 25 ao 29 de xuño. Para este campamento había 40 prazas dispoñibles e ampliouse o número de participantes ata 48 usuarios/as. A rapazada de 5º de primaria foi ao Cámping O Terrón (Vilanova de Arousa), do 1 ao 6 de xullo. Neste campamento participaron 52 rapaces e rapazas. Para este campamento había 40 prazas dispoñibles e ampliouse o número de participantes ata 52 usuarios/as. Ademais, 56 rapaces e rapazas de 6º de primaria participaron divididos en dúas quendas no campamento na praia de Patos (Nigrán). Na quenda do 23 ao 28 de xuño participaron 27 usuarios/as e na quenda do 30 de xuño ao 5 de xullo participaron 29.
Para nenos e nenas de 8 a 14 anos desenvolverase unha segunda quenda no campamento Alvarella (Fragas do Eume) entre o 19 e o 21 de xullo, no que participarán 25 nenos e nenas. Para este campamento había 20 prazas dispoñibles e ampliouse o número de participantes ata 25 usuarios/as. Cómpre engadir que do 28 de agosto ao 2 de setembro celebrarase unha segunda quenda do campamento na granxa escola El Kiriko, que está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos. Cubríronse as 40 prazas dispoñibles.
Ademais, a Aula da Natureza organiza dúas quendas para o seu campamento urbano, que está dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 16 anos. A primeira quenda realízase do 1 ao 12 de xullo, mentres que a segunda quenda será do 15 ao 26 de xullo. Participan 30 nenos/as por quedan. Ofertábanse 25 prazas por quenda e ampliáronse ata 30 usuarios por quenda.
Por outra banda, a Concellaría de Mocidade ofrece 3 campamento para rapaces e rapazas de educación secundaria e bacharelato, nos que participan un total de 110 usuarios/as. O alumnado de 1º da ESO poderá gozar do campamento Abrente, en Portonovo (Sanxenxo). Os rapaces e rapazas irán do 13 ao 19 de xullo. Cubríronse as 35 prazas ofertadas.
Para a rapazada de 2º da ESO organízase un campamento no cámping praia América (Nigrán), entre o 7 e o 13 de xullo. Neste caso tamén se cubriron as 35 prazas ofertadas. Por último, 40 rapaces e rapazas 3º e 4º da ESO e bacharelato van participar no campamento do Cámping Paisaxe II, situado no Grove, do 7 ao 13 de xullo. Deste xeito, este domingo, 7 de xullo, comezan dous destes campamentos de verán nos que 75 rapaces e rapazas pasarán uns días de descanso e diversión no Grove e en Nigrán.
Programa de conciliación dirixido á mocidade con diversidade
Ademais, este ano a Concellaría de Benestar Social e Voluntariado puxo en marcha unha nova iniciativa de cara a este verán. Trátase dun programa de conciliación que está dirixido á mocidade con diversidade. Dito programa desenvólvese durante os meses de xullo e agosto e está dirixido a mozos e mozas de Ames, con diversidade funcional, que teñen entre 13 e 25 anos. Participan en xogos, excursións, actividades musicais e de baile, obradoiros, saídas, etc. Para este campamento completáronse as 12 prazas ofertadas. O programa desenvólvese de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, en Bertamiráns.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Ames cubre 1.800 plazas de sus planes de conciliación estival y campamentos hasta septiembre"
El Correo Gallego: "Ames suma á mocidade con diversidade ás actividades de conciliación para este verán"